A importancia de chamarse Heliodoro

6 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

Miro o calendario e descobro de casualidade que hoxe é San Heliodoro. Calqueira futboleiro que se prece rapidamente relaciona este nome co estadio do Club Deportivo Tenerife, o Heliodoro Rodríguez López. Con eses apelidos é lóxico que o estadio se coñeza como O Heliodoro, a diferencia dos Bernabeu, Calderón, Carranza ou Villamarín, por poñer exemplos de campos de fútbol con nome de persoas. Non lles vas chamar Santiago, Vicente, Ramón e Benito respectivamente, hai que ser serios. Mención aparte merece o campo do Valladolid, Zorrilla, que non a todo futboleiro que o escoite se lle ven á mente o estadio, senón Nuria Bermúdez, Mar Flores, Ana Obregón ou calqueira veciña, exmoza, exmuller...

francisco-zuppo.JPG

O expresidente que dá nome ao campo tinerfeño de seguro que de cativo odiaba aos seus pais por poñerlle ese nome, mais imaxínense si se chega a chamar Manuel, non tería tanta transcendencia na historia. Seguro que hai millóns de españois que se chaman Manuel Rodríguez López e poderían presumir de dar nome a un campo de fútbol.

Como podedes apreciar, en lugar de acompañar a entrada cunha foto do estadio ou do tal Heliodoro Rodríguez opto por deixar a imaxe dun tal Francisco Zuppo, friki tinerfeñista dos anos 50, sen dúbida moito máis interesante. Este tipo saltaba ao campo para ameniza-lo ambiente nos prolegómenos dos partidos dirixindo os cánticos dos afeccionados dende o círculo central. E sen megáfono, nin micro, nin hostias. Era o Alfredo Kraus chicharreiro.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Estás sen nome, Mundo viejuno-celebrities |

2 Comentarios

  1. Sergio Cortina Escribiu:

    Así la teníi makelele así!, decía el bueno de Paco Zuppo

  2. O Raposo Escribiu:

    A min pásame o mesmo: escoito o nome de Zorrilla no Carrusel Deportivo e para nada o relaciono con Valladolid senón con mulleres loiras de tacón alto. Non direi nomes.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo