Hai que lava-las orellas, que tamén son do corpo
8 de Maio do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Unha de dúas, ou La Voz de Galicia pertence (ou pretende pertencer) á Conferencia Episcopal, ou o redactor da nova que estivo onte en Riazor debería acudir ao otorrino a que lle mire esa xordeira. Porque resulta que onte, como dicía, se entonou en Riazor unha popular balada cuxa letra é "Que se vaian, dilles que se vaian, dilles que se vaian, dunha puta veeeeeeez!!" normalmente adicada ás forzas de inseguridade do estado, ou, no seu defecto, a certas afeccións rivais. Pois onte, medio en coña, medio en serio, se lle adicou ao Levante (seguen sen cheirar un pavo dos seus salarios) ese mesmo tema mais substituíndo o "que se vaian" por "que lles paguen", non tocando para nada o final: "dunha puta vez", que non "dunha santa vez".
Se consideran que esa palabra é demasiado "forte" para poñe-la nun medio de comunicación, polo menos que a substitúan por outra semellante que siñifique o mesmo, porque que eu saiba, santa non é o mesmo que puta. Poderían poñer "que lles paguen dunha meretriz vez", por exemplo.
chuzame - Arquivado en Xornalistos |




Maio 9th, 2008 ás 10:55 pm
Pues el gesto de la afición del Depor me pareció un gesto de puta madre. Además, me caen genial los Riazor Blues, ya que están hermanados con los Biris. Y, no creo que lo hicieran de coña, después de que el Depor haya vivido momentos, distintos, pero igual de malos en los últimos años.
Un saludo, Forza Depor.
http://londres1863.wordpress.com