Desfases na fase de ascenso
11 de Maio do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Onte confirmouse a clasificación do Pontevedra CF para xoga-lo playoff de ascenso a Segunda División. O noso Fabril, coñecido alén do Telón de Grelos como Deportivo B, aínda deberá agardar pois non depende de si mesmo para se clasificar.
Ao Pontevedra deséxolle moita sorte nesa fase e que ogallá finalmente conquira o ascenso. Só teño un pero. Se así acontece (que suban) lles pediría por favor a xogadores e afeccionados granates que non se desfasen como a última vez que subiron a Segunda. Que a ver se son tan amábeis e na celebración non se suben ao traveseiro da portería, porque aínda me dura a dor nas costas e o mal cheiro a queixo que deixaron en min os pés de Martín Ragg e o fedor a suor do canaliño do cu de Esteban Trasancos. A ver se me fan ese favor e se comportan como deus manda.
chuzame - Arquivado en Chámalle X |



Maio 12th, 2008 ás 5:39 pm
O Fabril si depende de si mesmo. Si gaña, está en Segunda B porque se enfrontan terceiro (Fuerteventura) e cuarto (Lugo). Un saúdo!
Maio 12th, 2008 ás 5:45 pm
Cando o posteei aínda non se sabían os resultados do Fuerteventura, Lugo e Castilla.
O podía editar, mais tanto ten. Saúdos.
Maio 15th, 2008 ás 3:20 pm
non me digas que ti andabas por ahí abaixo cando o noso arelado ascenso de hai tres anos…?
Pois agora toca o sorteo o vindeiro luns 19 ás 16:00 horas, agardemos ter sorte e que alomenos toque un rival perto de Pontevedra para que se desprace a “marea granate”, tamén agardo que tanto Fabril coma Lugo se poidan meter na fase, cantos máis galegos mellor.
Un saúdo blogueiro