Raro no nome e nas formas
12 de Maio do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Xa había tempo que non posteaba ningún enxendro (heráldica futbolo-chapuceira), así que imos ter que ir metendo algún para que non caia no esquecemento unha sección da que un colega me dixo que era o que lle molaba do blogue. Logo caeu da burra e dixo que lle molaba todo do blogue pero o dos escudos era o que máis. Ou sexa, para que nos entendamos, só lle mola a sección dos enxendros, je, je. Vale, pois o caso que nos ocupa hoxe é o do Siófoki Bányász, impronunciábel equipo húngaro cuxo máximo logro foi gañar a copa de Hungría do ano 1984. A día de hoxe xoga con outro nome pero o equipo segue sendo o mesmo, o fundado en 1921.
Analicémolo pois. Formado polo clásico círculo onde figura o nome do clube e a data da súa fundación. Até aí nada novo, parece un sinal de prohibido pero ten un pase. O malo chega nos compoñentes do que está recheo. Observamos un hexágono pintado cun trazo bastante delgado e dividido en dous, e dentro del o que semella ser unha torre petrolífera, unha cheminea industrial ou o canón dunha ametralladora en vertical (postos a imaxinar paridas). E diante de todo iso a imaxe máis destacábel, que aparentemente é un grifo ou tubería.
E digo aparentemente porque a simple vista é o que parece... se non fora polo que colga da punta. Visto dende a miña mente perversa dá a impresión que non é un grifo senón o membro viril dun negro empalmado e o que pendura del pode tratarse dun preservativo, que, moito coidadiño, está furado polo medio. Dende a perspectiva dalguén normal, ve nese debuxo un paraugas ca funda a medio poñer, ou, mesmamente, un calcetín.
En todo caso, vexa como se vexa, é unha auténtica monstruosidade indigna dun clube de fútbol. Ao que lle guste este emblema unha de dous, ou o di por leva-la contraria ou ten o sentido do gusto no cu.
chuzame - Arquivado en Enxendros |



