Axuda divina

13 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

Comentaba hai unhas semanas como a estas alturas da tempada os equipos que non cumpren os obxectivos empezan a sacar de quicio aos seus seareiros até o punto de éstes montar cristos nos adestramentos e pre, durante e post partidos.

pernia_120508_es.jpg

Vale, pois o final de liga tamén fai que moitos dirixentes tomen medidas desesperadas para conquerir que os seus equipos cumpran os obxectivos. Os máis listos (e fillos de puta) optan por tirar de cartos para primar a árbitros equipos contrarios, mais sen da-la cara, loxicamente. E logo están aos que non lles dá vergoña mostrar publicamente a súa subnormalidade profunda acudindo a igrexas a pregar e pelotear a santos, cristos e virxes. Por dentro cada un pode ter as súas crenzas e encomendarse a quen queira, pero hai que ter un pouco de dignidade para non face-lo público, coma cando, durante a crise do Prestige, Fraga declarou que sairiamos desta porque contamos coa axuda do Apostol Santiago (?).

Ven, pois Francisco Pernía (foto superior), presidente do Rácing de Santander, é un exemplo deste tipo de dirixentes. Onte, festividade da Virxe do Mar, dixo que "He pedido de sentimiento y lo he escrito en la bufanda que hemos entregado, que nos clasifiquemos para la UEFA. Lo vamos a conseguir con los jugadores, pero será más fácil con la ayuda de la Virgen del Mar".

Si claro, e o do Osasuna (que xoga co Rácing) llo pedirá a San Fermín, que ao mellor ten máis enchufe con Yahvé. Iso sempre que non interveña a Virxe do Pilar polas pregarias dos zaragocistas, pois nese caso o Osasuna non ten nada que facer, porque esa señora é patrona da Garda Civil e non se anda con coñas, nunca lle fixeron gracia esos cánticos do Sadar de que se a van follar. De feito, o articulista este que escribiu nun xornal basco que "tomo también en mis manos, como si de papel higiénico se tratara, el calendario hispano cristiano y acaricio mi esfínter con él, después de haberme cagado en la virgen"… non sei se é da Real Sociedade, pero como sexa así que se vaia esquecendo do ascenso.

cristo-do-gran-poder-betico.JPG

Finalmente, se o Rácing consegue clasificarse para a UEFA acudirá todo o equipo a darlle as gracias á virxe (coma o Betis na foto inferior), pero se non o consegue tampouco renegarán dela e romperán as súas imaxes... que va! o ano que ven voltarán a pregarlle novamente polo obxectivo que sexa. Pasa como co Celta, que van antes de escomeza-la tempada a pedirlle sorte ao Cristo da Vitoria (curioso nome para ser o patrono do Celta) e mira como lles vai.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Actualidade |

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo