Para os devotos e de botas

15 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

kelme-swaroski.JPGPolo actual Salario Mínimo Interprofesional (600 euros) te podes calzar unhas botas de fútbol de luxo. Eso é o que custan un par da marca Kelme recubertas de cristais tallados de Swarovski, un austríaco que non me lembro agora en que equipo xogaba. Si recordo a Dobrowolski (Castellón), Kitanovski (Sabadell), Kanatlarovski (Deportivo) e Lewandoski (Logroñés). Calquera día falo algo deles, se é que non saen antes en Renaldinhos & Pavones. Pois o caso é que hai catro modelos de botas desas, segundo o tipo de cristais que leven incrustados, Diamante, Rubí, Zafiro e Azabache. Kelme tamén ten unhas máis asequibeis por 500 euros, de pel de tabeirón, as The One, en edición limitada, supoño que para cerebros limitados. Ben, pois para os que lle preste facer o ridículo sen gastarse esa pasta nunhas botas, vos deixo catro modelos a escoller de seguro que máis asequibeis.

1. O Sadomaso!!

nike-spurs.jpg

Este modelo é ideal para os futbolistas do Tottenham Hotspurs, para os leñeiros que lles mole feri-las pernas dos contrarios e para os que lle guste celebrar goles montados uns enriba dos outros berrando "jía, cabalo, jía!!" cravándolle as espuelas nas cachas aos compañeiros e estes desfrutando ca dor. Ademais son da marca Nike, ou sexa, que nike limpalas, nike enceralas... un luxo.

2. O Gili!!

healy.jpg

Levan rodas en lugar de tacos, o seu nome oficial é heely e é ideal para futbolistas como Arizmendi, que van a toda hostia polo campo pero patinando e caéndose cada dous por tres.

Son da marca Puma (patrocinador de Guti e Etoo entre outros) e o seu lema é "Se queres facer o gili, cálzate unhas heelys".

3. O Naranjito!!

bota-naranjito.jpgIdeais para nostálxicos e coleccionistas de material deportivo retro. É o modelo de bota que sempre soñaron calzar os Salva Ballesta, Raúl ou Hierro.

Por fóra está forrada en pel de touro de lidia e por dentro con pel de laranxa, como non podía ser doutro xeito. Ademais os cordóns están feitos con pelos de porco ibérico e a bota está pintada a man polos rapaces da Fundación Amigos de Naranjito.

4. A Zoca!!

adidas-zoca.jpg

A mellor de todas, modelo Made in Galician Country, fabricado por Adidas. Con esas botas pegas uns patadóns ao balón que o rebentas, con elas é imposíbel esvarar, e, en defensa, pobre do que sufra unha entrada túa calzándoas que se queda sen tibia, peroné, rótula e todo óso que se cruce polo medio.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Idas de olla |

3 Comentarios

  1. juggalo Escribiu:

    FÉLÍZ CABODANO!!! (cun día de adianto)

    Como o administrador do foro coñece sobradamente, as miñas humildes achegas tanto por estas lareiras virtuais (como por outros) teñen lugar en xornada laboral. Por iso, véxome obrigado a adiantar a felicitación polo primeiro ano de vida do Traveseiro, que se non estou equicovado, cúmprese mañá (día non laboral ou de rascarse os collos).

    Noraboa, aguante carajo e que siga a festa loco!

  2. otraveseiro Escribiu:

    Graciñas polas felicitacións Juggalo, vexo que me tes moi ben controlado.

    Efectivamente mañá fai exactamente un ano que botou a andar O Traveseiro, e polo tanto, haberá que poñer un post sobre tamaño acontecemento que servirá tamén para inaugura-la categoría “Autobombo”.

    Que pase vostede unha feliz e futboleira fin de semana. O domingo a liga bota o feche e hai que estar aí dándoo todo, por partida dobre.

  3. DoKiÈh Escribiu:

    Bueno, pues felicidades y espero que siga creciendo este blog ;)

    Un saludo.
    http://londres1863.wordpress.com

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo