Palpando esculturas

16 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

2008-05-16_img_2008-05-16_1210950037177_ultimaexpo.jpg

Leo no xornal La Opinión de A Coruña que a partires do vindeiro 19 de Maio, o Museo de Belas Artes de Bilbao, poñerá en marcha un proxecto que axudará a mellora-la accesibilidade dos deficientes visuais ás artes plásticas. Mediante unha visita guiada se lles permitirá a estas persoas palpar catro esculturas da colección do museo, para que aprendan a distingui-los diferentes materiais de que están compostas.

Imaxino que pensaredes que o que pretendo é que moitos presidentes, secretarios técnicos e olleadores do fútbol español se podan beneficiar destas clases para invidentes, e así aprender a distinguir entre un Luis Fabiano e un Taborda só palpándoos, sempre que se deixen e non lles arreen unha hostia, que estes son moi dados a iso. Nada máis lonxe da realidade.

raul-cibeles.jpg

O que quero é tronzar unha lanza a prol do Concello de Madrid, que leva moitos anos adiantándose ao museo bilbaíno neste tipo de programas sociais. Así, case que tódolos anos, permiten que un deficiente acceda subido a palpar unha coñecida escultura madrileña subido a un guindastre, sendo aplaudido e vitoreado por milleiros de deficientes coma el persoas. A minusvalía de este señor consiste en que naceu cun balón de rugby entre as pernas, que fai que corra coma unha gamba; que teña unhas pronunciadas fosas nasais e unha facilidade de palabra ("si bueno, no... si, bueno, no") que fai que pareza imbécil profundo.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Odioteca |

7 Comentarios

  1. O Raposo Escribiu:

    Home, moita facilidade de palabra non ten (nin a precisa para o que se dedica) pero non me negarás os seus méritos futbolísticos o alcance de moi poucos. E aí está a súa traxectoria no Madrid e na selección.

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Para min sempre foi un xogador do montón, sobrevalorado pola prensa madrileña. Calquera dianteiro normaliño xogando o que xogou el no Madrid levaría os mesmos números. Para correr e empurra-la pelota na liña de gol vale calquera.

    Falando de números os últimos anos foron mediocres, só salvándose da queima esta tempada.

    En canto á selección, é o máximo goleador da historia, pero xogando unha porrada de partidos. Antes non había tantos partidos internacionais e agora hai cada mes. Ademais, nunca destacou nas grandes citas, máis ben todo o contrario.

    O dito, baixo o meu punto de vista, un xogador sobrevalorado.

  3. Miguel Escribiu:

    Juajs! Mortal. O mellor de Raúl era esa época, que non sei se estará recollida en YouTube, na que usaba gafas de pega para parecer máis serio. Era a mesma época que se falaba do seu rollo con Mar Flores. Tempos…

  4. DoKiÈh Escribiu:

    O Traveseiro, aunque sea del Barça, no estoy de acuerdo en lo que dices. Eso de empujar la pelota en la línea de gol…¿cuándo?

    ¿Recuerdas el año que Raúl fue Pichichi? Marcó goles de vaselina, chilena, desde fuera del área, de espuela, de todas formas…un montón de golazos. Seguro que si miras la vista atrás recuerdas muchos de esos goles, todos de ellos importantes.

    Un saludo.
    http://londres1863.wordpress.com

  5. O Traveseiro Escribiu:

    Dokièh, cuando Djalminha hizo la famosa lambretta ante el Madrid, Raúl le preguntó que por qué hacía esas tonterías. Djalma le respondió que “tú metes goles, yo, además, también soy futbolista”. Creo que eso define a Raúl.

    Como bien dices, tuvo su temporada, que metía goles con técnica y tal, pero hace la tira de años que se acabó eso. Correr como un pollo sin cabeza detrás del balón, golpearlo como de calcetín, meter goles de churro y… mucho postureo, mostrar mucha garra y compromiso de cara a la galería, pero eso no basta para ser un buen futbolista.

    Repito lo anterior en cuanto a los números. Cualquier delantero normalillo llegaría a sus números goleadores jugando en un equipo como el Madrid de titular indiscutible.

  6. O Raposo Escribiu:

    Un dianteiro normalillo, como tu dices, non sería titular indiscutible no Madrid durante tantos anos.
    Cada un ten a súa opinión e tu a túa, pero si se lle pregunta por exemplo os entrenadores de primeira división que escolleran a un xogador nacional da última década seguramente a inmensa maioría elixiría a Raúl

  7. O Traveseiro Escribiu:

    O ano pasado, por exemplo, marcou sete goles en 35 partidos, e os tres anos anteriores os seus números son parecidos. Opino que é un dianteiro normaliño, e que xogara case tódolos partidos co Madrid con ese rendemento é un expediente X.

    En canto ao que digan os adestradores de primeira sobre Raúl, pois son opinións, que sexan adestradores non quere dicer que saiban máis de fútbol ca ti ou ca min.

    Só hai que ver algunhas cousas que fan e dicen inexplicabeis, como Irureta e o seu famoso 4-4-2 asimétrico, ou as animaladas de Van Gaal, pero claro, como son adestradores, poden falar marabillas dun futbolista e claro, iso vai a misa, porque son profesionais que entenden disto, nós non.

    Por certo, que odie a Raúl non ten que ver que si lle vise algo bo como futbolista o diga, unha cousa non quita a outra, pero é que non lle vexo nada, en serio.

    Saúdos a todos.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo