Hoxe estamos de cumpreanos

17 de Maio do 2008 publicado por o traveseiro

traveseiro.JPG

Como pasa o tempo, hoxe se cumpre un ano dende que O Traveseiro despegou. Escollín o Día das Letras Galegas por un lado por compromiso e por outro para así non esquecerme do cumpreanos. Como vedes, na primeira entrada, coa euforia, cometín a torpeza de pedirlle á xente que procurara deixar os comentarios en galego. Unha gilipollez, e máis tendo en conta que moitos dos habituais deste blogue nin sequera son galegos e aínda así se molestan en ler e comentar (e en votar polo Traveseiro en ránkings de blogues futboleiros). E que cando empecei con isto non tiña nin idea de administrar un blog e tiña certo trauma de que aos poucos días o deixaría por preguiza e burrería, pero un ano despois aínda sego por aquí, coa mesma preguiza pero algo menos de burrería, grazas á axuda dos administradores da Blogaliza e os blogueiros da mesma, que expoñen e aclaran moitas dúbidas.

E grazas tamén aos que me visitan a cotío. E logo están os que chegan até aquí de pura casualidade, vía Google, buscando moitas veces cousas que pouco ou nada teñen que ver con esto. Nos últimos tempos tomo nota desas pesquisas, e algunhas non sei nin a que post corresponden e non lles atopo explicación. Hai vos deixo 25 delas, sen tocar nin unha soa letra do que o tipo ou tipa puxo no buscador que o trouxo aquí:

1. mecano stuttgart
2. fominaya en pelotas
3. louvanzas a virxe maria
4. mujer de svensson
5. futbolistas tocandose mexicanos
6. pollazo
7. que inventos se fixeron co ferro
8. esparadrapo en las medias de los futbolistas
9. mujer de gaspar rosety
10. pablo y silvia fominaya
11. sebastian taborda pene
12. eres un montón de mierda
13. que coche tiene silvia fominaya
14. picos en la boca de sexo
15. farlopa famosos
16. caparrós jódete
17. oksana depor desnuda
18. oksana anderson desnuda
19. las bragas de silvia fominaya
20. cuando ocurrió aluvión en Santiago de chile
21. fotos del futbolista poseido por el demonio
22. tronquito magadaleno
23. ultrasur juanito
24. en la tierra manda raul en el cielo juanito
25. caso de hijo que estaba com cabeza da sua madre na calle

traveseiro2.jpg

Disto sacamos dúas conclusións: 1. Hai xente que está peor ca min e 2. Hai que falar de violencia, sexo, pollas e tetas para que un blogue sexa exitoso.

Remato agradecendo a todos os que os pasades por aquí a miúdo, aos que non, aos pais, irmáns, esposos, esposas, sobriños, avós, tios, tias, curmáns e demais familia que rogan unha oración pola súa alma

Arquivado en Autobombo | 4 Comentarios »

4 Comentarios

  1. Tomi Escribiu:

    Felicidades, chaval. A seguir en la brecha. A mi me gusta un montón tu bloq, así que, no pares, sigue sigue …

    Un saludo.

  2. j.c. Escribiu:

    queda claro que tienes un blog porno especializado en silvia fominaya. felicidades por el año.

  3. DoKiÈh Escribiu:

    Felicidades!! Espero que sigas dandonos esta visión particular que tienes del fútbol, sabes que nos encanta.

    En cuanto a tu lista de las 25 búsquedas más imbéciles, es la leche. En mi blog he tenido cosas parecidas. A ver si recuerdo una búsqueda (o si la encuentro) con la que me llevé varios días riéndome.

    Un abrazo.

  4. breogain Escribiu:

    Polo que semella hai un tolo por ahí pescudando cousas da tal Fominaya non…?

    Pois nada, parabéns polo teu primeiro ano, eu en tres dias tamén farei un, o dito, a seguir divirtíndonos coas cousas estas do balompé.

    Un saúdo