Os desconvocados da Eurocopa
21 de maio do 2008 perpetrado por
otraveseiro
De todos os que deixou fóra Luis Aragonés da lista da Eurocopa dous son os que xeran máis polémica (co permiso da de Bojan), Raúl e Guti, como sempre alimentada polos medios deportivos nacionais.
Precisamente onte lin na edición impresa do Marca que Luis Aragonés se esquecía do mellor centrocampista da Liga, referíndose á "exhibición" de Guti fronte ao Levante. Estes mesmos (os do Marca) parecen esquecer que foron eles os que puxeron aí a este seleccionador e agora son incapaces de comprender que é el o que fai o equipo, e se non leva a Guti é porque non lle sae do carallo, así de claro. Un Guti, por certo, que xoga cando lle dá a real gana, como o outro día fronte ao pechacancelas, cando tivo un deses días de inspiración que serve para que pase a se-lo mellor medio da liga... non o mellor medio español, senón en xeral, de toda a primeira división. Hai que foderse.
En canto a Raúl, os meus argumentos na súa contra me levaría expoñe-los toda a mañá, así que prefiro deixarvos esta entrada que ben puidera escreber eu tranquilamente (sempre que me importase algo a selección) pola súa obxectividade e falta de mala hostia.
chúzame - Arquivado en Espanholadas |




maio 21st, 2008 ás 1:42 pm
Mi argumento es claro. En europa importa un pijo que Baúl adelante a Di Stéfano y suelen anular los goles en fuera de juego y tal