¿É legal en Rusia a eutanasia?
22 de maio do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O digo porque se o é, estaría ben que lla aplicaran a Manu Sánchez, reporteiro máis dicharacheiro de Antena 3, e aos seus compañeiros tamén, aproveitando que andan por eses pagos.
Hoxe non puiden ve-la final da Champions e cheguei á casa xusto cando ía comeza-la quenda dos penaltis. Se para os futbolistas e afeccionados implicados esta parte do fútbol é un mal trance que hai que pasar, haxa ou non final feliz... para os que nin nos vai nin nos ven o rollo, ver unha quenda destas retransmitida por eses fenómenos é para pegarse un tiro. Bastáronme varios minutos para cagarme en todos eles, en especial no ínclito. Logo tamén está Matías Prats, que está aí de recheo, que non ten nin idea de fútbol, que o seu é o tenis e o golf, e que coma sempre, nun momento dos lanzamentos berrou o seu xa clásico "¡Qué barbaridad!" coma en Barcelona'92.
Mais Matías aínda ten un pase, non así José Antonio Luque (o comentarista principal), que non sabe disimular por cal dos equipos vai e é un pelmazo de tres pares. E logo está a estrela, Manu Sánchez, que non o aturo e que ademais non sei que pinta aí porque o único que aporta son estupideces por doquier.
Parecía que os lanzamentos de penalti os estaba retransmitindo pola radio, ou para cegatos ou subnormais que non saben en que consiste un rollo destes. Por exemplo: "Falló Cristiano!..., llueve en Moscú..., paró Cehc..., resbaló Terry..., casi lo para... trallazo por el medio de la portería..." ¡Eh! que o estamos a ver, amigo, que non estamos choscos! En fin, que a ver se hai sorte e estes se trabucan de avión e aterrizan en Siberia e se quedan alí.
chúzame - Arquivado en Xornalistos |




maio 22nd, 2008 ás 1:40 pm
o partido fenómeno e a retransmisión lamentábel…eu olleino onte e non me defraudaron, ben, coido que Drogba ao final un pouco.
Saúdo granates
maio 22nd, 2008 ás 2:16 pm
El “gordopilo” este de los huevos (no me digas que no tiene el menda un careto del típico gordito tocapelotas listillo babosoidal cuando íbamos al colegio) no se tiene que morir nunca, tío … ¡LO TENEMOS QUE MATAARRRRR!
maio 26th, 2008 ás 8:58 pm
Yo un día lo vi de cuerpo entero y me asusté, su culo es proporcional al tamaño de su cara.