Anticorrupción no Calderón

26 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

corrupcion-non.JPG

Desta guisa se apresentou perante os seus afeccionados o Atlético de Madrid no verán de 1991. O estadio estaba completamente engalanado con cartaces ca lenda CORRUPCIÓN ¡NO! así coma as camisolas dos xogadores e o púlpito dende onde se dirixiron ao público o presidente, capitán e adestrador. Enriba do mesmo aparecen estes, de esquerda a dereita: Cascallana (preparador físico), Luis Aragonés, con cara e pelos de tolo; o segundo adestrador que sempre acababa as tempadas como primeiro, Iselín Santos Ovejero; Jesús Gil, presidente e artífice deste esperpento; e Paulo Futre, capitán do Atlético.

Se pesquisamos en calquera sitio "España corrupción" sempre vai a aparece-lo nome de Jesús Gil, por eso choca bastante a foto. Dezasete anos máis tarde pode causar certa coña mais daquela o tipo ía de adalid contra o sistema futbolístico español, e por que non, tamén político. A foto está escaneada dunha vella revista e logo reducida, polo tanto non se distinguen ven os detalles. Salientar que Gil non levaba ese día unha das súas míticas camisas tipo militar abertas até o ombligo e que agora están tan de moda e que sempre vestía no verán, senón un traxe con garabata, cando menos curioso.

No grupo de xogadores que están á súa esquerda destaca-la presenza de Bernd Schuster, moi serio el, e xunto a el Rodax, un dianteiro austríaco que ía marcar trinta goles por tempada e que na anterior a esta metera nove en vinteseis partidos. Tamén nesa ringleira destaca a imaxe do corrupto Tomás Reñones, no cárcere por malversación de caudais públicos do concello de Marbella e demais movidas, e ao lado del un sorrinte Solozábal, que parecía advertirlle do que se lle viña encima.

Dese mesmo lado, pero abaixo, aparece entre outros Alfaro, un dianteiro normaliño que destacou porque cando xogaba no Villarreal e Hércules celebraba os goles ensinando as camisolas rockeiras que levaba por debaixo da do clube, como as de Barricada ou AC/DC. Nese lado quedan fóra do escaneado Toni Muñoz, o porteiro Mejías, Juanito Sabas e un masaxista.

Do outro lado saliento como Aguilera é o único que mira fixamente ao fotógrafo, en plan ameazante, ao revés do que está ao seu carón, Pizo Gómez, de mirada "desviada". Se salva polos pelos de quedar fóra da imaxe Diego, non así Gabi Moya, Orejuela, Alfredo e varios utilleiros.

Por certo, a imaxe me lembra como na película La Profecía había xente que saía en fotos atravesados por sombras en forma de efectos ópticos, e sempre acababan palmando. Neste caso Jesús Gil é atravesado por estar xusto no medio de dúas páxinas da revista. ¿Unha profecía?

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |

Comentarios

  1. Tomi Escribiu:

    ¿Qué tal, Travesseiro?

    En esa presentación estuve yo. Era mi época en la que defendía de forma foribunda a Gil (ya ves como cambian los tiempos, colega).

    Por cierto, hablando de Tomás Reñones (jugador al que tengo mucho cariño, independientemente de sus andanzas luego en Marbella), decirte que esta temporada le ví en el Calderón acompañado de 2 mozas de muy buen ver, por cierto.

    Para que te hagas una idea, nosotros esta temporada nos sentamos en la parte de la visera del Calderón, casi arriba del todo. Es una zona muy tranquila y nosotros podemos estar relativamente trankis a nuestras anchas, pasando de ACAB y demás … Pues bien, cuando le vimos, empecé a cantar (y mis colegas de grada me acompañaron) eso que canta mucho el FA y que dice: “PRESOS ATLÉTICOS, LI-BER-TAD”, ante el descojone del personal y nuestro propio, mientras él también descojonado nos hacía señas de que no cantásemos más, que le iban a descubrir … :-DDDD

    Un saludo.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo