Hoxe estamos de cumpreanos

17 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

traveseiro.JPG

Como pasa o tempo, hoxe se cumpre un ano dende que O Traveseiro despegou. Escollín o Día das Letras Galegas por un lado por compromiso e por outro para así non esquecerme do cumpreanos. Como vedes, na primeira entrada, coa euforia, cometín a torpeza de pedirlle á xente que procurara deixar os comentarios en galego. Unha gilipollez, e máis tendo en conta que moitos dos habituais deste blogue nin sequera son galegos e aínda así se molestan en ler e comentar (e en votar polo Traveseiro en ránkings de blogues futboleiros). E que cando empecei con isto non tiña nin idea de administrar un blog e tiña certo trauma de que aos poucos días o deixaría por preguiza e burrería, pero un ano despois aínda sego por aquí, coa mesma preguiza pero algo menos de burrería, grazas á axuda dos administradores da Blogaliza e os blogueiros da mesma, que expoñen e aclaran moitas dúbidas.

E grazas tamén aos que me visitan a cotío. E logo están os que chegan até aquí de pura casualidade, vía Google, buscando moitas veces cousas que pouco ou nada teñen que ver con esto. Nos últimos tempos tomo nota desas pesquisas, e algunhas non sei nin a que post corresponden e non lles atopo explicación. Hai vos deixo 25 delas, sen tocar nin unha soa letra do que o tipo ou tipa puxo no buscador que o trouxo aquí:

1. mecano stuttgart
2. fominaya en pelotas
3. louvanzas a virxe maria
4. mujer de svensson
5. futbolistas tocandose mexicanos
6. pollazo
7. que inventos se fixeron co ferro
8. esparadrapo en las medias de los futbolistas
9. mujer de gaspar rosety
10. pablo y silvia fominaya
11. sebastian taborda pene
12. eres un montón de mierda
13. que coche tiene silvia fominaya
14. picos en la boca de sexo
15. farlopa famosos
16. caparrós jódete
17. oksana depor desnuda
18. oksana anderson desnuda
19. las bragas de silvia fominaya
20. cuando ocurrió aluvión en Santiago de chile
21. fotos del futbolista poseido por el demonio
22. tronquito magadaleno
23. ultrasur juanito
24. en la tierra manda raul en el cielo juanito
25. caso de hijo que estaba com cabeza da sua madre na calle

traveseiro2.jpg

Disto sacamos dúas conclusións: 1. Hai xente que está peor ca min e 2. Hai que falar de violencia, sexo, pollas e tetas para que un blogue sexa exitoso.

Remato agradecendo a todos os que os pasades por aquí a miúdo, aos que non, aos pais, irmáns, esposos, esposas, sobriños, avós, tios, tias, curmáns e demais familia que rogan unha oración pola súa alma...

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Autobombo | 4 Grandísimas aportacións »

Palpando esculturas

16 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

2008-05-16_img_2008-05-16_1210950037177_ultimaexpo.jpg

Leo no xornal La Opinión de A Coruña que a partires do vindeiro 19 de Maio, o Museo de Belas Artes de Bilbao, poñerá en marcha un proxecto que axudará a mellora-la accesibilidade dos deficientes visuais ás artes plásticas. Mediante unha visita guiada se lles permitirá a estas persoas palpar catro esculturas da colección do museo, para que aprendan a distingui-los diferentes materiais de que están compostas.

Imaxino que pensaredes que o que pretendo é que moitos presidentes, secretarios técnicos e olleadores do fútbol español se podan beneficiar destas clases para invidentes, e así aprender a distinguir entre un Luis Fabiano e un Taborda só palpándoos, sempre que se deixen e non lles arreen unha hostia, que estes son moi dados a iso. Nada máis lonxe da realidade.

raul-cibeles.jpg

O que quero é tronzar unha lanza a prol do Concello de Madrid, que leva moitos anos adiantándose ao museo bilbaíno neste tipo de programas sociais. Así, case que tódolos anos, permiten que un deficiente acceda subido a palpar unha coñecida escultura madrileña subido a un guindastre, sendo aplaudido e vitoreado por milleiros de deficientes coma el persoas. A minusvalía de este señor consiste en que naceu cun balón de rugby entre as pernas, que fai que corra coma unha gamba; que teña unhas pronunciadas fosas nasais e unha facilidade de palabra ("si bueno, no... si, bueno, no") que fai que pareza imbécil profundo.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Odioteca | 7 Grandísimas aportacións »

Para os devotos e de botas

15 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

kelme-swaroski.JPGPolo actual Salario Mínimo Interprofesional (600 euros) te podes calzar unhas botas de fútbol de luxo. Eso é o que custan un par da marca Kelme recubertas de cristais tallados de Swarovski, un austríaco que non me lembro agora en que equipo xogaba. Si recordo a Dobrowolski (Castellón), Kitanovski (Sabadell), Kanatlarovski (Deportivo) e Lewandoski (Logroñés). Calquera día falo algo deles, se é que non saen antes en Renaldinhos & Pavones. Pois o caso é que hai catro modelos de botas desas, segundo o tipo de cristais que leven incrustados, Diamante, Rubí, Zafiro e Azabache. Kelme tamén ten unhas máis asequibeis por 500 euros, de pel de tabeirón, as The One, en edición limitada, supoño que para cerebros limitados. Ben, pois para os que lle preste facer o ridículo sen gastarse esa pasta nunhas botas, vos deixo catro modelos a escoller de seguro que máis asequibeis.

1. O Sadomaso!!

nike-spurs.jpg

Este modelo é ideal para os futbolistas do Tottenham Hotspurs, para os leñeiros que lles mole feri-las pernas dos contrarios e para os que lle guste celebrar goles montados uns enriba dos outros berrando "jía, cabalo, jía!!" cravándolle as espuelas nas cachas aos compañeiros e estes desfrutando ca dor. Ademais son da marca Nike, ou sexa, que nike limpalas, nike enceralas... un luxo.

2. O Gili!!

healy.jpg

Levan rodas en lugar de tacos, o seu nome oficial é heely e é ideal para futbolistas como Arizmendi, que van a toda hostia polo campo pero patinando e caéndose cada dous por tres.

Son da marca Puma (patrocinador de Guti e Etoo entre outros) e o seu lema é "Se queres facer o gili, cálzate unhas heelys".

3. O Naranjito!!

bota-naranjito.jpgIdeais para nostálxicos e coleccionistas de material deportivo retro. É o modelo de bota que sempre soñaron calzar os Salva Ballesta, Raúl ou Hierro.

Por fóra está forrada en pel de touro de lidia e por dentro con pel de laranxa, como non podía ser doutro xeito. Ademais os cordóns están feitos con pelos de porco ibérico e a bota está pintada a man polos rapaces da Fundación Amigos de Naranjito.

4. A Zoca!!

adidas-zoca.jpg

A mellor de todas, modelo Made in Galician Country, fabricado por Adidas. Con esas botas pegas uns patadóns ao balón que o rebentas, con elas é imposíbel esvarar, e, en defensa, pobre do que sufra unha entrada túa calzándoas que se queda sen tibia, peroné, rótula e todo óso que se cruce polo medio.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

A incógnita Eto’o

14 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

pero-etto-que-e.JPG

O futbolista camerunés do Barcelona é toda unha incógnita nestes momentos, pois non se sabe se fica no Barça, se marcha, se el quere ficar, se non... vamos, unha incógnita.

E se en maio do 2008 é unha incógnita, no ano 1997, cando non o coñecía nin cristo... pois imaxinádevos. Coma exemplo, a súa ficha no número extra da revista Don Balón da tempada 97-98 (xogaba no Leganés) onde era tan incógnita este xogador que nin acertan o nome, nin a idade (daquela tiña 16 anos), nin sabían se corría coma un negro para cobrar coma un branco, se tiña fillos por aí perdidos...

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X | 1 Grandísima aportación »

Axuda divina

13 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

Comentaba hai unhas semanas como a estas alturas da tempada os equipos que non cumpren os obxectivos empezan a sacar de quicio aos seus seareiros até o punto de éstes montar cristos nos adestramentos e pre, durante e post partidos.

pernia_120508_es.jpg

Vale, pois o final de liga tamén fai que moitos dirixentes tomen medidas desesperadas para conquerir que os seus equipos cumpran os obxectivos. Os máis listos (e fillos de puta) optan por tirar de cartos para primar a árbitros equipos contrarios, mais sen da-la cara, loxicamente. E logo están aos que non lles dá vergoña mostrar publicamente a súa subnormalidade profunda acudindo a igrexas a pregar e pelotear a santos, cristos e virxes. Por dentro cada un pode ter as súas crenzas e encomendarse a quen queira, pero hai que ter un pouco de dignidade para non face-lo público, coma cando, durante a crise do Prestige, Fraga declarou que sairiamos desta porque contamos coa axuda do Apostol Santiago (?).

Ven, pois Francisco Pernía (foto superior), presidente do Rácing de Santander, é un exemplo deste tipo de dirixentes. Onte, festividade da Virxe do Mar, dixo que "He pedido de sentimiento y lo he escrito en la bufanda que hemos entregado, que nos clasifiquemos para la UEFA. Lo vamos a conseguir con los jugadores, pero será más fácil con la ayuda de la Virgen del Mar".

Si claro, e o do Osasuna (que xoga co Rácing) llo pedirá a San Fermín, que ao mellor ten máis enchufe con Yahvé. Iso sempre que non interveña a Virxe do Pilar polas pregarias dos zaragocistas, pois nese caso o Osasuna non ten nada que facer, porque esa señora é patrona da Garda Civil e non se anda con coñas, nunca lle fixeron gracia esos cánticos do Sadar de que se a van follar. De feito, o articulista este que escribiu nun xornal basco que "tomo también en mis manos, como si de papel higiénico se tratara, el calendario hispano cristiano y acaricio mi esfínter con él, después de haberme cagado en la virgen"… non sei se é da Real Sociedade, pero como sexa así que se vaia esquecendo do ascenso.

cristo-do-gran-poder-betico.JPG

Finalmente, se o Rácing consegue clasificarse para a UEFA acudirá todo o equipo a darlle as gracias á virxe (coma o Betis na foto inferior), pero se non o consegue tampouco renegarán dela e romperán as súas imaxes... que va! o ano que ven voltarán a pregarlle novamente polo obxectivo que sexa. Pasa como co Celta, que van antes de escomeza-la tempada a pedirlle sorte ao Cristo da Vitoria (curioso nome para ser o patrono do Celta) e mira como lles vai.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | Comenta, non sexas rata »

Raro no nome e nas formas

12 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

Xa había tempo que non posteaba ningún enxendro (heráldica futbolo-chapuceira), así que imos ter que ir metendo algún para que non caia no esquecemento unha sección da que un colega me dixo que era o que lle molaba do blogue. Logo caeu da burra e dixo que lle molaba todo do blogue pero o dos escudos era o que máis. Ou sexa, para que nos entendamos, só lle mola a sección dos enxendros, je, je. Vale, pois o caso que nos ocupa hoxe é o do Siófoki Bányász, impronunciábel equipo húngaro cuxo máximo logro foi gañar a copa de Hungría do ano 1984. A día de hoxe xoga con outro nome pero o equipo segue sendo o mesmo, o fundado en 1921.

siofoki-banyasz-hun.png

Analicémolo pois. Formado polo clásico círculo onde figura o nome do clube e a data da súa fundación. Até aí nada novo, parece un sinal de prohibido pero ten un pase. O malo chega nos compoñentes do que está recheo. Observamos un hexágono pintado cun trazo bastante delgado e dividido en dous, e dentro del o que semella ser unha torre petrolífera, unha cheminea industrial ou o canón dunha ametralladora en vertical (postos a imaxinar paridas). E diante de todo iso a imaxe máis destacábel, que aparentemente é un grifo ou tubería.

E digo aparentemente porque a simple vista é o que parece... se non fora polo que colga da punta. Visto dende a miña mente perversa dá a impresión que non é un grifo senón o membro viril dun negro empalmado e o que pendura del pode tratarse dun preservativo, que, moito coidadiño, está furado polo medio. Dende a perspectiva dalguén normal, ve nese debuxo un paraugas ca funda a medio poñer, ou, mesmamente, un calcetín.
En todo caso, vexa como se vexa, é unha auténtica monstruosidade indigna dun clube de fútbol. Ao que lle guste este emblema unha de dous, ou o di por leva-la contraria ou ten o sentido do gusto no cu.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Enxendros | Comenta, non sexas rata »

Desfases na fase de ascenso

11 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

hai-que-roelo.JPG

Onte confirmouse a clasificación do Pontevedra CF para xoga-lo playoff de ascenso a Segunda División. O noso Fabril, coñecido alén do Telón de Grelos como Deportivo B, aínda deberá agardar pois non depende de si mesmo para se clasificar.

Ao Pontevedra deséxolle moita sorte nesa fase e que ogallá finalmente conquira o ascenso. Só teño un pero. Se así acontece (que suban) lles pediría por favor a xogadores e afeccionados granates que non se desfasen como a última vez que subiron a Segunda. Que a ver se son tan amábeis e na celebración non se suben ao traveseiro da portería, porque aínda me dura a dor nas costas e o mal cheiro a queixo que deixaron en min os pés de Martín Ragg e o fedor a suor do canaliño do cu de Esteban Trasancos. A ver se me fan ese favor e se comportan como deus manda.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X | 3 Grandísimas aportacións »

Hai que lava-las orellas, que tamén son do corpo

8 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

que-lles-paguen.jpg

Unha de dúas, ou La Voz de Galicia pertence (ou pretende pertencer) á Conferencia Episcopal, ou o redactor da nova que estivo onte en Riazor debería acudir ao otorrino a que lle mire esa xordeira. Porque resulta que onte, como dicía, se entonou en Riazor unha popular balada cuxa letra é "Que se vaian, dilles que se vaian, dilles que se vaian, dunha puta veeeeeeez!!" normalmente adicada ás forzas de inseguridade do estado, ou, no seu defecto, a certas afeccións rivais. Pois onte, medio en coña, medio en serio, se lle adicou ao Levante (seguen sen cheirar un pavo dos seus salarios) ese mesmo tema mais substituíndo o "que se vaian" por "que lles paguen", non tocando para nada o final: "dunha puta vez", que non "dunha santa vez".

Se consideran que esa palabra é demasiado "forte" para poñe-la nun medio de comunicación, polo menos que a substitúan por  outra semellante que  siñifique o mesmo, porque que eu saiba,  santa  non  é o mesmo que puta.  Poderían poñer "que lles paguen dunha meretriz vez", por exemplo.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos | 1 Grandísima aportación »

« Entradas Anteriores Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo