Suicídate, pero non salpiques

8 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

alvaro-benito-suicidate.jpg

Si, xa sei que son un cargante, que con este xa van tres os post que lle adico a Alvaro Benito ou ao seu grupo, Pignoise, pero é que vin esta cabeceira (coa súa respectiva entrevista) hai unhas horas na revista que reparten no Estadio, e non puiden evitar poñe-lo aquí. Non teño culpa de odiar a este tío, e por ende, aos seus dous compañeiros de quinta.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Odioteca | 9 Grandísimas aportacións »

A importancia de chamarse Heliodoro

6 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

Miro o calendario e descobro de casualidade que hoxe é San Heliodoro. Calqueira futboleiro que se prece rapidamente relaciona este nome co estadio do Club Deportivo Tenerife, o Heliodoro Rodríguez López. Con eses apelidos é lóxico que o estadio se coñeza como O Heliodoro, a diferencia dos Bernabeu, Calderón, Carranza ou Villamarín, por poñer exemplos de campos de fútbol con nome de persoas. Non lles vas chamar Santiago, Vicente, Ramón e Benito respectivamente, hai que ser serios. Mención aparte merece o campo do Valladolid, Zorrilla, que non a todo futboleiro que o escoite se lle ven á mente o estadio, senón Nuria Bermúdez, Mar Flores, Ana Obregón ou calqueira veciña, exmoza, exmuller...

francisco-zuppo.JPG

O expresidente que dá nome ao campo tinerfeño de seguro que de cativo odiaba aos seus pais por poñerlle ese nome, mais imaxínense si se chega a chamar Manuel, non tería tanta transcendencia na historia. Seguro que hai millóns de españois que se chaman Manuel Rodríguez López e poderían presumir de dar nome a un campo de fútbol.

Como podedes apreciar, en lugar de acompañar a entrada cunha foto do estadio ou do tal Heliodoro Rodríguez opto por deixar a imaxe dun tal Francisco Zuppo, friki tinerfeñista dos anos 50, sen dúbida moito máis interesante. Este tipo saltaba ao campo para ameniza-lo ambiente nos prolegómenos dos partidos dirixindo os cánticos dos afeccionados dende o círculo central. E sen megáfono, nin micro, nin hostias. Era o Alfredo Kraus chicharreiro.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Estás sen nome, Mundo viejuno-celebrities | 2 Grandísimas aportacións »

Salmón, melón e pepino

5 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

salmon-melon-pepino.jpgO Real Madrid quedou campión do Campionato Nacional de Liga de Primeira División, e o madrileño Angel Palacios, chef executivo do restaurante La Broche, fixo o propio no Campionato de España de Cociñeiros. E, ademais, cunha receita baseada no clube madridista denominada "Salmón, melón e pepino".

Velaí os mostro unha foto do prato premiado cos tres ingredientes principais, por esa mesma orde, de esquerda a dereita, o salmón Ramón, o melón Míchel e o pepino Pedja. Falta o seme puré de apio de nabo salpicando os ingredientes, o cal tamén forma parte do prato, pero que non sae na foto e que teremos que engadir nós mesmos. Non é caro, só hai que botarlle un pouquiño de imaxinación.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Odioteca | 2 Grandísimas aportacións »

Xa é primavera no River Corte Plate

3 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

river-corte-ingles.jpg

O primeiro que fago ao coller o xornal da fin de semana e baleira-las revistas e catálogos de publicidade que levan dentro, para non ter que estar quitando cada cousa que me atope polo medio cando o estou a ler... quito todo dunha vez e listo. Pois nese marabilloso intre de soltar lastre papeleiro observo incrédulo a profanación do escudo do River Plate nun catálogo de electrónica de El Corte Inglés. Os escudos de fútbol son sagrados, sexan do equipo que sexan, mais estes se o pasan polo forro, como con todo, escomenzando ca liberdade sindical dos seus traballadores. Pero, ¿que levou a eses anunciantes a utilizar ese escudo e non outro calqueira? Teorías:

- O River Plate son Los Millonarios, e os donos deses grandes almacéns son o mesmo. E moitos clientes igual, prefiren pagar a primada por un litro de leite alí por non mercar esa mesma marca no ultramarinos de abaixo da casa máis barato.

- O River Plate son Las Gallinas, e o propietario do Corte é un bo polo.

- O River Plate ten unha raia no escudo e na camisola. Cando paseas por un centro deses te asaltan raiándote a cabeza para que che fagas ca puta tarxeta do Corte Inglés.

- Escolleron a un equipo latino co nome en "inglés" (Río da Prata).

- O estadio de River é o Monumental. A calor que fai no Corte Inglés é monumental, polo Nadal está tan ateigado de xente que hai atascos monumentais, todo nel é unha monumental merda.

maradona-hortera.jpg

Xa que El Corte Inglés é un dos maiores anunciantes do Estado (por iso ninguén lles tose), teño a ben facerlles publicidade gratuíta, para que non se me queixen eh!? Saliento que River Plate non é a única relación que ten estes grandes almacenes co fútbol arxentino. El Corte Inglés é proveedor oficial de camisas de Diego Armando Maradona e amigos.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en D10S | 3 Grandísimas aportacións »

Polos dereitos laborais dos futbolistas (risas)

1 de maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

Hoxe é o 1º de Maio, día do internacionalismo proletario e tamén coñecido como día do traballador ou festa do traballo (?). Podería desafogarme soltando cafradas sobor as miñas experiencias persoais no eido laboral, e aproveita-lo anonimato para poñer a parir ao meu xefe. Total, el non sabe da existencia deste sitio nin por suposto de que o blogueiro que o leva e ese estúpido traballador que traga con todo. Eso pensa el, que son un panoli, non sabe que me fago o longui e calquer día que me canse de atura-lo se vai cagar pola pata abaixo.

levante-solucion.JPG

Pois iso, que este día tan especial en que todo o mundo se lembra dos traballadores explotados, mal pagados e que traballan en condicións precarias... eu teño que tronzar unha lanza a favor dos futbolistas profesionais de primeira división, tristemente denostados, para iso este é un blog de fútbol, ¿ou non? Estes son os grandes problemas laborais aos que se enfrontan os nosos ídolos:

Salarios indignos.
Non hai equiparación nos salarios. Hai futbolistas que cobran un pastón por correr polo campo sen sentido e meter algún que outro gol, e outros facendo exactamente o mesmo cobran moitísimos millóns menos. Millóns, en todo caso.

Incompatibilidade de horarios.
Teñen que traballar moitos domingos, algunhas veces viaxando fóra, polo que é compricado compaxinar iso ca vida familiar. En moitas ocasións teñen que coller varios avións, viaxar en incómodos buses até os aeroportos, agardar neles polo voo, cear de bocadillo... un suplicio, por deus!!

hesperia14.jpg

Accidentes laborais.
Se expoñen a diario a receber balonazos e patadas. Sofren lesións musculares, rotura de ósos, perda de pezas dentais, agresións por parte de compañeiros e afeccionados...

Acoso laboral.
Compañeiros que non che falan e piden a xornalistas que presionen para que te quiten da titularidade, presidentes que che obrigan a irte a outro equipo, adestrador que che humilla e ridiculiza en público ante os outros compañeiros e medios de comunicación (p.ex. Irureta a Tristán: "pareces un motor de dous tempos"), te lesionas e che obrigan a operarte noutra cidade, e un longo etc.
ujfalusi.jpg
Condicións de traballo precarias.
Moitas veces son obrigados a adestrar chovendo e a baixas temperaturas, só provistos de chuvasqueiros, chandals e nalgúns casos en pantalón curto. Os jacuzzis son moi pequenos, non caben todos á vez e hai que meterse por quendas. Os que están agardando poden coller frío, ou o que é peor, teñen que someterse a doorosos masaxes por parte de salvaxes fisioterapeutas.

Durante os partidos son insultados e vexados eles e os seus familiares. Tamén sofren a esaxeración na imposición da uniformidade, obrigando aos futbolistas a que non vaian de chanclas e camisolas de tirantes as roldas de prensa, nin xogar con pendentes e aneis.

Enfermidades profesionais.
Calvicie por darlle tantas veces ao balón de cabeza, jet lag, estrés, ego, ludopatía, alcoholismo, medo a non saber o que vai ser da túa vida unha vez deixes o fútbol...

Para finalizar, breve explicación das fotos que acompañan a esta entrada:
Foto 1: Os futbolistas do Levante de reinvindicacións. Segundo o seu capitán, algúns están en números vermellos, pedindo cartos a familiares e amigos e incluso tiveron que vende-los carros.

Foto 2: O famoso Motín do Hesperia, hai vinte anos. Os xogadores do Barcelona fan unha revolución e piden a dimisión do presidente, algo que só lle corresponde facer aos socios. ¿A quen se lle ocorre? Como é lóxico, practicamente todos á puta rúa.

Foto 3: O xogador checo da Fiorentina, Ujfalusi, amosando que a vida dos xogadores profesionais non é todo o boa que se cre. Aquí o vemos xunto a súa señora, sen cartos para roupa e malvivindo entre cartóns do Ikea.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 2 Grandísimas aportacións »

Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo