O gran despilfarro

2 de xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

despilfarro.jpgSe dice por aí que o Xetafe CF se vai poñer á venta por unha cantidade aproximada aos 50 millóns de euros, uns oitomil e pico das pesetas de antes. Un clube enteiro de primeira división, co seu activo e tamén co seu pasivo, un equipo en su totalidade será do que poña sobre a mesa eses cartos.

Isto ven a conto do último que dixo o director deportivo do Madrid, Pedja Mijatovic, sobor a posíbel fichaxe dun tal Cristiano Ronaldo, que non teño nin idea de quen é porque non falan del en ningures (o outro día atopeino nun prato de sopa).

Di Mijatovic que "os grandes xogadores non son caros" e que "gastar 50, 60 ou 70 millóns de euros por un xogador de elite non é desperdiciar o diñeiro".

En fin, que polo visto vale máis Cristiano Ronaldo que todo o Xetafe. Cristiano ou calquer tasador que diga que certo xogador vale esa cantidade de cartos. Un futbolista que hoxe pode ser de elite pero que ao mellor mañá se parte dúas pernas nun lance de xogo ou nun accidente doméstico e a partir de aí non vale nin para tomar polo cú.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Defecacións verbais |

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo