Tintín se converte no Profesor Tornasol

3 de xuño do 2008 perpetrado por otraveseiro

tintin-marquez.JPG

Os anos non perdoan, e salvo casos excepcionais coma a raíña Fabiola de Bélxica, que leva 50 anos co mesmo peiteado, o normal é que se che pase coma ao que parece será o novo adestrador do Espanyol de Barcelona, Bartolomé Márquez.

Aínda que pareza mentira, cando era xogador o seu nome futbolístico non foi Bartolo, senón Márquez, eso si, acompañado polo alcume de Tintín, polo seu parecido co heroe dos cómics. Pero como dicía antes, os anos non pasan en balde, e en vinte anos Tintín pasou a ser Tornasol. Imaxino que o cadeliño que tería daquela Márquez, Milú, estará agora criando malvas.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo