Carolo vive!
5 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Se nomeo a Xosé Rodríguez Muíños seguro que non vos soa de nada. Pero se vos digo que ese señor ten coma alcume Carolo, seguro que xa vos vai soando, cando menos aos seareiros galegos. Trátase dun dos xogadores clásicos da historia do fútbol galego e do que me acabo de enterar, vía El Contragolpe, que aínda seguía esta tempada a marcar goles para o Ferreira, nas profundidades do fútbol modesto, aos seus 43 anos.
Rapidamente me viu á memoria a súa imaxe marcando goles en campos embarraos de Segunda B e da Terceira galega. Unha imaxe inesquecíbel, porque como vedes, Carolo era unha especie de Dertycia á galega. Agora ao mellor pasaría desapercibido pero nos oitenta e noventa, os futbolistas que ían completamente rapados era porque eras Ivan De la Peña ou ben tiñas esa enfermidade que non che medra o pelo no corpo (como este caso e o do exdianteiro arxentino do Tenerife).
Acudo ao meu arquivo secreto das Celebridades do Mundo Viejuno e obteño esta fotografía del, pousando nada máis e nada menos ca camisola do CD Lugo en Segunda División, categoría na que marcou uns cantos chicharros, que non lle valeron aos lucenses para manterse en segunda pero si a Carolo para deixa-la súa impronta e superar en números ao suposto "crack" do equipo e da dianteira, un serbio chamado Joksimovic. Por certo, Carolo era tan peculiar, que naceu en Estramundi..., tranquilos, non é que nacera fóra do mundo, e que así se chama un lugar entre os concellos de Padrón e Rois, na Coruña, onde veu á luz esta estrela do fútbol patrio.
chúzame - Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |



xuño 10th, 2008 ás 1:56 pm
Pufff…que mitico personaxe!!! Sempre aparecía nos resumes da galega alá nos 90.Éste tipo ademáis de Bastón(un porteiro do Ourense,creo,que non sei se éra galego) eran sempre pilares fundamentais dos seus equipos…
xuño 10th, 2008 ás 4:39 pm
Efectivamente, Bastón si que era galego, de Marín, en Pontevedra. Eu o recordo toda a vida no Burgos.
Actualmente coido que é (ou era até hai ben pouco) adestrador de porteiros no Atlético de Madrid, onde xogou nas súas categorías inferiores.