Zambrotta quédate
13 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Hoxe se soubo que o defensa italiano Gianluca Zambrotta foi traspasado polo Barcelona ao Milan por nove millóns de euros, un bo negocio para o Barça, baixo o meu punto de vista. E tamén unha auténtica mágoa, a segunda nova máis triste de hoxe despois da do inicio da xira de Miguel Bosé.
Pero non por el, a Zambrotta que lle dean polo cu, que ninguén o ha botar de menos nin aquí nin en Barcelona. A putada é que con el se pirará a súa dona, Valentina Liguori, e ela si que nos viña de marabilla, e non o digo como home (non é que sexa de pedra) senón como cidadán preocupado polos problemas da sociedade.
Coma por exemplo, a folga de transporte, que fai que estes días os gandeiros galegos tiveran que tirar un 15% da producción de leite, que equivalería a perder polos sumidoiros nun só día seis millóns de litros de leite. Os gandeiros non teñen capacidade para almacenar tantos litros, sen embargo coa inestimábel axuda da dona de Zambrotta a situación podería normalizarse e non faría falla tira-lo leite porque esa señora ten suficiente capacidade para gardala toda.
Eso por un lado, e por outro tamén está o problema de que tan só trece hospitais en todo o Estado facilitan a lactancia materna. Valentina, se se queda, podería suministrar leite a tódolos recén nacidos aínda que as nais non lla poidan dar aos seus meniños.
Canta razón tiñan os Rastreros de Chantada cando cantaban aquelo de "Salú, pesetas, e leite nas tetas..." esta señora ten pinta de ter boa saúde (ao mellor problemas de espalda polo peso que soporta), cartos (fixo que está forrada como o seu home), e leite... vale máis unha imaxe que mil palabras. Non sei porque me dá que o número de visitas do blogue subirá considerablemente.
chúzame - Arquivado en Elas tamén xogan |



xuño 14th, 2008 ás 2:44 am
Me alegra saber que no soy el único obsesionado con esta mujer. Es…….es la ostia jaja.
Y sí, puede almacenar la leche que tiraron los ganaderos, puede amamantar a todo el que pase y tus visitas del blog subirán notablemente
Un saludo.
LigaFútbol
xuño 16th, 2008 ás 8:31 pm
Nese peito é motio máis doado chorar grandes cagadas como a do outro día contra Rumanía…
xuño 19th, 2008 ás 9:06 am
aklsd aklsdjk kfsd dfsdf…
disculpade, non podo articular palabra…
bufffffffffff!!!!!!!!! non coñecía esta rapazaaaaa!!!!
agosto 7th, 2008 ás 8:44 pm
[...] WAG’s rankings. Este verano, cuando Zambrotta dejó el Barcelona para volver a Italia, nadie lloró su marcha. Eso sí, los paseítos de la Liguori en bikini por las playas catalanas nunca serán [...]