Discípula de Farruquito
23 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Aconteceu onte domingo na estrada da costa que une as poboacións pontevedresas de Mougás e Baiona. Ese señor con aire a Alvaro Pino que pousa sorrinte xunto ao seu fillo foi atropelado namentres participaba nunha marcha cicloturista por unha conductora trallada da cabeza. E digo trallada porque non foi un accidente, foi a posta.
A tipa conducía un coche que ía detrás do home e o seu fillo, que foron embestidos por dúas veces, o neno se apartou xa á primeira, máis ao pai non parou até que conseguiu tiralo da bici e pasarlle o carro por enriba da mesma. Non contenta con iso, apeouse do carro e se dirixiu até eles, e en vez de auxilialos, tentou darlles de hostias. ¿Os motivos? A versión oficial é que a estrada era de sentido único, os ciclistas ían moi lentos, a tipa tiña presa, perdeu os nervios e os embestiu. Logo, presa dun ataque de nervios se foi a por eles e a por todo o que se lle puña por diante, incluídos os policías municipais de Baiona que a tentaron reducir. Eu teño tres versións alternativas.
1. A versión anticelta.
A señora é seareira do Racing de Ferrol, ten moi fresco na memoria o episodio do pasado domingo que rematou co seu equipo en Segunda B grazas a que o Celta non foi quen de gañar ao Alavés. Viu na estrada a un individuo ca camisola do Celta e non se puido reprimir, se foi a por el poseida polo demo (Isidro Silveira). Sei que era do Rácing porque se fose do Depor non o atropelaría nin de coña, se contentaría con berrarlle "¡pringao!" dende o coche no adelantamento.
2. A versión antipereiro.
A señora confundiu á vítima con Óscar Pereiro, o persoeiro galego famoso máis plasta do país dende a desaparición da vida pública de Juan Pardo. Pereiro hai uns meses ameazou con, unha vez deixar o ciclismo, facerse futbolista. Se xa non sae da TVG sendo ciclista, imaxinádevos como xogador de fútbol, todo o día dando roldas de prensa. A conductora, trabucada ou non, só lle quixo facer un favor á humanidade.
3. A versión foiselle a pinza.
A conductora é actriz de teatro. Nestes días está a representar no Teatro Pello a obra "Vida e obra de Farruquito" e levou o seu papel demasiado lonxe.
chúzame - Arquivado en Chámalle X |



xuño 23rd, 2008 ás 8:23 pm
Non lle busques explicacións. Son desas cousas que só pasan en Vigo e parroquias limítrofes. Como tirar bombonas pola fiestra para acabar co botellón, disparar a un ex míster España pola venta dun coche, etc., etc.
xuño 24th, 2008 ás 11:24 am
Para min a versión mais lóxica é a terceira: A forte personalidade de Farruquito atrapa a calquera, aínda que sexa no teatro.
xuño 24th, 2008 ás 11:34 am
Pois onte vin as imaxes dos feitos na TVG e o ciclista non ía ca camisola do Celta, ía cun maillot rosa, ao igual que o seu fillo. Se as chego a ver antes evidentemente non posteaba isto.
O que non entendo é porque pousa para a prensa cunha do Celta. ¿Lle gusta que o puteen por partida doble?
Por certo, leo tamén que detiveron a un fillo de puta en Baiona por matar a un can a paus e maltratar a outros dous. Baiona, eixo do mal.