Pop in Rio
27 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Hoxe comeza en Madrid o Rock in Río, que din que é o festival máis IN, porque nin é Rock nin en Río. Como reza a pegata que rula por aí e que non vou poñer porque ocupa a hostia de espazo e non me apetece agora reducir...: "YO NO VOY. El mayor negocio de música del mundo llega a España. POP IN RIO MADRID, más que un festival, una tomadura de pelo. El Canto del Loco, Shakira, Tokio Hotel, Ramiro el Gay, Alejandro Sanz y otro montón de julais que harían que Bon Scott resucitase, potase, se ahogase y palmase de nuevo".
Vale, ¿e que ten que ver isto co roio futboleiro? Principalmente porque a min me lembra bastante ao caso do Trofeo Teresa Herrera, o torneo de verán máis antigo e prestixioso do mundo que pasou en apenas quince anos de encher Riazor de afeccionados gracias a un cartel formado por grandes equipos que formaban coas súas respectivas estrelas... a equipiños de terceira fila con xogadores que non os coñecen nin nas súas casas á hora de xantar.
Con Rock in Río pasa algo parecido. Antes eran carteis rockeiros en que se metía algún polo medio que desentoaba pero que en xeral era iso: rock. Agora é ao revés, unha auténtica bazofia en que se cola polo medio algo decente. E cando digo bazofia refírome ao meu gusto persoal e intransferíbel. Ao que lle preste Shakira pois me parece estupendo, pero eso non é rock, e polo tanto, non pode figurar nun festival de rock o mesmo que un equipo xaponés non pode participar no Teresa Herrera, con tódolos respectos para o fútbol xaponés e os amantes de Oliver e Benji, que os hai, e moitos.
Para ilustrar esta entrada, un par de exemplos do pasado e presente do Rock in Río. Arriba, Andreas Kisser, do grupo Sepultura. Esta banda brasileira sempre mantivo unha grande relación co fútbol, polas referencias a este deporte no merchandising da banda e pola gran afección dos seus músicos. Os irmáns Cavalera, Igor e Max, por exemplo, acérrimos do Palmeiras. O primeiro disque ten unha colección de máis de 400 camisolas de fútbol, e ao segundo sempre lle mola saír ao escenario cunha do equipo da cidade onde toca, cousa que ás veces lle acarrea algún disgusto, como aquela vez que se puxo en Madrid unha camisola do Real e case o apedrean. Na foto, como dicía, o guitarrista, tamén futboleiro, cunha do clube Belgrano nun concerto en Arxentina.
Esa a cara, o pasado glorioso de Rock in Río Ferdinand. E a cruz, embaixo, Alejandro Fans Sanz, seareiro confeso do Betis, persoeiro ao que lle teño especial tirria xa dende hai moitos anos, cando cantaba aquelo difícil de explicar e dixerir de "compartiendo las miradas con las luces apagadas" (?) Por certo, que urxe sobremaneira facer unha categoría musical, en vista da gran cantidade de referencias futbolomusicais deste blogue, a ver se se me ocorre un nome medianamente decente para a mesma.
chúzame - Arquivado en Chámalle X |





xuño 27th, 2008 ás 1:36 pm
Tes razón, estaría ben facer unha categoría “músico-futbolera” no blog e ahi poderias meter himnos futboleiros ou de seleccions que debe haber letras ben rariñas polo mundo adiante e de seguro ti coñeces unhas cantas.
O de pop in rio e unha trapallada, porque é o que ti dis, nin é Rock nin hai Rio, epa corrixooo, o Manzanares pasa por Madrid non é?? jajajaj…
Para festival un que se vai celebrar a mediados do mes que ven en Asturias (en Pravia pode ser?) con a tira de grupos míticos (pensei en ti cando vin o cartel promocional)
;-D!!
xuño 28th, 2008 ás 12:16 am
Djukica, seguramente te refiras á 13ª edición do Derrame Rock:
http://www.santogrialproducciones.es/derrameRock/indexnew.php
xullo 3rd, 2008 ás 1:53 pm
Isa mesma.
Es o Larousse musical e futboleiro reencarnado en persoa!!
Saudos guitarreiros e Omar Bravescos!