16 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Na miña vida tal cousa vin. Seareiros do Hércules de Alacante en Togo... xa é cousa rara, pero é que á súa vez son fans do porteiro da selección austríaca, Jurgen Macho. Só falta que éste último diga que o seu ídolo é José Antonio Camacho.
chúzame -
Arquivado en Idas de olla |
Comenta, non sexas rata »
13 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Hoxe se soubo que o defensa italiano Gianluca Zambrotta foi traspasado polo Barcelona ao Milan por nove millóns de euros, un bo negocio para o Barça, baixo o meu punto de vista. E tamén unha auténtica mágoa, a segunda nova máis triste de hoxe despois da do inicio da xira de Miguel Bosé.
Pero non por el, a Zambrotta que lle dean polo cu, que ninguén o ha botar de menos nin aquí nin en Barcelona. A putada é que con el se pirará a súa dona, Valentina Liguori, e ela si que nos viña de marabilla, e non o digo como home (non é que sexa de pedra) senón como cidadán preocupado polos problemas da sociedade.
Coma por exemplo, a folga de transporte, que fai que estes días os gandeiros galegos tiveran que tirar un 15% da producción de leite, que equivalería a perder polos sumidoiros nun só día seis millóns de litros de leite. Os gandeiros non teñen capacidade para almacenar tantos litros, sen embargo coa inestimábel axuda da dona de Zambrotta a situación podería normalizarse e non faría falla tira-lo leite porque esa señora ten suficiente capacidade para gardala toda.
Eso por un lado, e por outro tamén está o problema de que tan só trece hospitais en todo o Estado facilitan a lactancia materna. Valentina, se se queda, podería suministrar leite a tódolos recén nacidos aínda que as nais non lla poidan dar aos seus meniños.
Canta razón tiñan os Rastreros de Chantada cando cantaban aquelo de "Salú, pesetas, e leite nas tetas..." esta señora ten pinta de ter boa saúde (ao mellor problemas de espalda polo peso que soporta), cartos (fixo que está forrada como o seu home), e leite... vale máis unha imaxe que mil palabras. Non sei porque me dá que o número de visitas do blogue subirá considerablemente.
chúzame -
Arquivado en Elas tamén xogan |
4 Grandísimas aportacións »
11 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro

En Renaldinhos & Pavones, poñendo en perigo a súa propia saúde mental e física (puideron morrer afogados nos seus propios vómitos), tiveron a ben repasa-las derradeiras 31 portadas do panfleto deportivo MARCA e dese xeito confirmarnos que desas 31 primeiras páxinas, 23 estaban adicadas á interese do Madrid pola fichaxe de Cristiano Ronaldo.
Como gratitude, nos agasallan cunha plantiña do MARCA a cumplimentar por nós, e desa maneira axudar a ese xornal na súa cruzada por facer portadas propagandísticas cada vez máis cheas de subnormaladas. Velaí vos deixo a miña humilde aportación.
chúzame -
Arquivado en Odioteca, Xornalistos |
1 Grandísima aportación »
10 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Xa sei que o normal sería postear algo sobor a Eurocopa, mais como eu moi normal non son, e tampouco me apetece poñerme a filosofar... pois paso. No seu lugar aproveito para darlle entrada a tres fotos de manifestacións futboleiras que aconteceron estas últimas semanas, no final da liga, e por motivos ben distintos.
1. Manifa Rayo Vallecano.

Membros da peña Bukaneros maniféstanse en Madrid contra a represión policial contra o seu grupo. Se engadimos que o Rayo milita (de momento) na Segunda B, podemos dicer que animalo, aparte de non ser delicto, é un mérito.
2. Manifa UD Salamanca.

Por mor das débedas acumuladas a Unión podería vende-la súa praza na Segunda A a outro clube. Os afeccionados maniféstanse na súa cidade contra esta posibilidade, pretendendo que as administracións públicas lle solucionen a papeleta, como é costume nestes casos.
3. Manifa Real Zaragoza.

Se consumou o descenso e os afeccionados manifestan a súa repulsa contra os xogadores, directivos e todo aquel que se meta no medio. Á dereita de todo, os ultrillas: Sen honor, sen orgullo, sen vergoña, sen dieta mediterránea, sen cerebro...
chúzame -
Arquivado en Xentes da grada |
1 Grandísima aportación »
9 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Gracias a Otomano me enteiro de que hoxe se cumpren dezasete anos do último ascenso do Deportivo a Primeira División, nun partido fronte ao Murcia. Como pasa o tempo, xa van dezasete anos menos un día dende que Lendoiro na balconada do Concello berrara á enfervorizada afección aquelo de "¡¡¡Barça, Madrid, xa estamos aquí!!!", e todo deus lle seguiu o roio e berramos con el. Un lema que era unha especie de advertencia de que xa estabamos aquí para ser unha alternativa ao poder establecido deses dous clubes. Unha auténtica utopía que se converteu en realidade arredor de dez tempadas.

Como acompañamento a este feliz cumpreanos tiven que escoller unha foto entre un cento delas que se tiraron nese día e nos seguintes. Puiden poñer unha do famoso incendio da cuberta de Riazor en pleno partido; do oportunista do ex-alcalde Paco Vázquez índose de deportivista de pro no campo e nas celebracións (o Depor lle imorta e lle importaba un carallo); Lendoiro, sen papada, dándose bicos e apertas con Arsenio (impensábel a día de hoxe); xogadores visitando ás institucións moi ben vestidos... daquela (chaquetas horteiras, garabatas feísimas e camisas con debuxos de leucocitos e amebas); e por suposto, seareiros no estadio, nas rúas, nos bares e na fonte de Catro Camiños.
Sen embargo opto por poñer unha que, sen ser moi chamativa, encaixa perfectamente cos tempos que corren, por aquelo da folga de transporte e as súas pertinentes mobilizacións, de feito, a foto semella unha manifestación de transportistas. Mais se trata das que se fixeron chamar formigoneiras do ascenso, camións cementeiros pintados cas cores branquiazuis e que se achegaban en caravana até A Coruña montando un follón da hostia a base de bocinazos. A partires dese ano, e en adiante, sempre aparecían nas grandes citas do Deportivo.
chúzame -
Arquivado en Mundo viejuno-celebrities, Xentes da grada |
Comenta, non sexas rata »
7 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Penso que non hai dúbidas. Con total seguridade este é o ano da selección alemana. Hoxe comeza a Eurocopa de fútbol e aínda que non sexa a miña selección predilecta, penso que a vai gañar Alemaña. Xogan perto de casa e despois de doce anos sen sair campión penso que xa lles toca.
Ademais, coma vedes, lle quero facer unha homenaxe ao cara de cona de Oliver Kahn, que non xogará esta Eurocopa porque hai dous anos renunciou á súa selección, pero esta tempada se retira e temos que lembrarnos del.
chúzame -
Arquivado en Elas tamén xogan |
1 Grandísima aportación »
5 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Se nomeo a Xosé Rodríguez Muíños seguro que non vos soa de nada. Pero se vos digo que ese señor ten coma alcume Carolo, seguro que xa vos vai soando, cando menos aos seareiros galegos. Trátase dun dos xogadores clásicos da historia do fútbol galego e do que me acabo de enterar, vía El Contragolpe, que aínda seguía esta tempada a marcar goles para o Ferreira, nas profundidades do fútbol modesto, aos seus 43 anos.
Rapidamente me viu á memoria a súa imaxe marcando goles en campos embarraos de Segunda B e da Terceira galega. Unha imaxe inesquecíbel, porque como vedes, Carolo era unha especie de Dertycia á galega. Agora ao mellor pasaría desapercibido pero nos oitenta e noventa, os futbolistas que ían completamente rapados era porque eras Ivan De la Peña ou ben tiñas esa enfermidade que non che medra o pelo no corpo (como este caso e o do exdianteiro arxentino do Tenerife).
Acudo ao meu arquivo secreto das Celebridades do Mundo Viejuno e obteño esta fotografía del, pousando nada máis e nada menos ca camisola do CD Lugo en Segunda División, categoría na que marcou uns cantos chicharros, que non lle valeron aos lucenses para manterse en segunda pero si a Carolo para deixa-la súa impronta e superar en números ao suposto "crack" do equipo e da dianteira, un serbio chamado Joksimovic. Por certo, Carolo era tan peculiar, que naceu en Estramundi..., tranquilos, non é que nacera fóra do mundo, e que así se chama un lugar entre os concellos de Padrón e Rois, na Coruña, onde veu á luz esta estrela do fútbol patrio.
chúzame -
Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |
3 Grandísimas aportacións »
4 de xuño do 2008 perpetrado por
otraveseiro

O aviador, militar, politólogo, intelectual e, ademais, futbolista español do Málaga, Salva Ballesta, falando do vindeiro partido que enfrontará ao seu equipo co Granada 74: "El partido del domingo es para hombres". Para homes feitos e dereitos, coma ti, que tes espermatozoides por neuronas.
chúzame -
Arquivado en Defecacións verbais |
1 Grandísima aportación »