Terroríficos primeiros planos
31 de Xullo do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Non quero resultar pesado co Marca pero non podo evitar comentar algo que acontece con este xornal dende que eu era cativo, agora acrecentado ca edición dixital: A puta manía que teñen de poñe-los primeirísimos planos da faciana do xogador, adestrador ou presidente de turno. Non lles importa en absoluto feri-la sensibilidade do lector, mostrándonos os pelos do nariz, os puntos negros do pel, as legañas dos ollos, (se leva gafas, como Capello) as manchas dos cristais, o sarro dos dentes…
Esta captura que poño non é o mellor exemplo, porque alomenos deixan algo de espazo sen cabeza, pero o habitual é que poñan toda a fotografía ocupada pola cara do fulano. Pero dá igual que non o poñan enteiro porque o protagonista é un que é máis feo que pegarlle a un pai: o defensa do Madrid, Nosferatu Pepe. Na edición impresa ao mellor ese careto pode ocupar tranquilamente media páxina, sen esaxerar. Ademais, da entrevista escollen coma titular un comentario do central, o que todo o mundo sabe pero que ninguén se atreve a dicer, que Cristiano Ronaldo é un xogador incríbel. Realmente a frase está retocada, porque en realidade o que dixo foi que Cristiano é anormal un futbolista fóra do normal.
Arquivado en Adefesios, Xornalistos |
2 Grandísimas aportacións »














