Tendedeiro charrúa

1 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Non é que vaia de voyeur ou fetichista, pero cando abro as persianas das habitacións interiores da miña casa é inevitábel olla-los tendais das fiestras dos veciños de enfronte. E hoxe me atopei con isto.

tendedeiro.JPG

Loxicamente tiven que frota-los ollos para asegurarme que esa bufanda non era de España, senón do Nacional de Montevideo. E digo de España porque onte vía bufandas de La Roja até nos programas estes de madrugada do timo chamada.

Pensaredes que iso non ten nada de anormal, que os que habitan nese piso (de seguro que uruguaios) aproveitaron que facían unha lavadora de roupa a cor para lava-la bufanda do seu equipo, neste caso a de El Bolso. O que pasa é que non é a primeira vez que nese piso alguén pendura unha bufanda do clube dos seus amores e non precisamente para secar. Hai uns anos habitaban nese piso un grupo de estudantes, e nunha ocasión puxeron unha bufanda do Celta na corda, claramente para foder á veciñanza, e máis concretamente a nós. O caso é que se lle soltou a pinza e caeulle ao tendedeiro dos veciños de abaixo, curiosamente aos do segundo (Celta a Segunda, premonitorio), que a deixaron alí porque os de arriba non tiveron o que hai que ter para baixar a pedirlla.

Entretanto botei unha ollada en internet a ver se xogaban o Nacional contra Peñarol e para nada, así que a teoría é a de que había que pasarlle un auga á bufanda porque o branco xa era negro e se confundía cunha do Inter de Milán, e hai diferenzas, un e Nacionale e o outro Internazionale. Por certo, das cortinas case que non vou comentar nada porque tampouco é plan de andar xogándome o tipo pero por se ascaso esta foto da súa fiestra chega a eles... ¡¡¡Viva o Nacional de Montevideo e vivan os vestidos e camisas marróns e os pantalóns lilas!!!

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X |

2 Comentarios

  1. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    jajajaja sublime post!

  2. o traveseiro » Blog Archive » Tendedeiro charrúa (II) Escribiu:

    [...] uns meses tiven a desvergoña de publicar aquí unha foto do tendal duns veciños dos patios interiores da miña casa. O motivo foi que me sorprendera bastante ver [...]

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo