Kresic returns

2 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

 cleese-kresic.jpg

Ou o que é o mesmo, O RETONNO DE SERGIO KRESIC. A primeira vez que oín falar del foi hai vinte anos, cando adestraba ao Real Burgos en Segunda División e o seu nome de guerra non era Sergio Kresic, senón Sergije Kresic-Juric, ou Sergei, a secas. Logo tiveron a ben poñer en práctica ese costume tan español de nacionaliza-los nomes estranxeiros e chamarlle Sergio. Non o podo afirmar ao 100% pero apostaría o que fose a que o primeiro en chamarlle así foi o mítico xornalista deportivo José María García, moi dado a iso, como por exemplo dirixirse a Schuster coma Bernardo ou a Futre coma Pablo (Bernd e Paulo).

Ben, pois pensaba que Kresic xa se xubilara dos banquiños despois da tira de anos adestrando por estes lares: Burgos, Valladolid, Mérida, Marbiella (onde residía), Betis, Murcia, Mallorca, Las Palmas e Huelva. Non por esa orde exacta pero si a eses equipos. E agora, tras adestrar aos croatas do Hajduk Split, volve para dirixir en Primeira ao Numancia. Veremos a ver o que dura en Soria.

Por outra banda, a foto que acompaña non é exactamente de Kresic. No seu lugar prefiro poñer un bonito fotograma dunha comedia futboleira en que o protagonista (o actor John Cleese) ten un enorme parecido co propio Kresic.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade |

6 Comentarios

  1. Pableras Escribiu:

    Boa apreciación, a min repatéame eso de españolizar os nomes, se se chama Sergei é Sergei, non Sergio! E se se chama Albert (Luque) é Albert, non Alberto. E así infinidade de casos máis.

    Un saúdo, tes un pedazo de blog!! Estouche facendo promoción entre os colegas.

  2. Djukica Escribiu:

    O de Kresic (este post é de broma) non é mais cunha moda: Despois da victoria de España con Luis Aragonés, é o mais “chic” ir a buscar un entrenador ó asilo de ancianos máis cercano.

    Aragonés, Kresic… só falta que o GRANDISIMO Rodrigo García Vizoso póñase de novo a adestrar.

    Saúdos maiestáticos e purilossss!!!

  3. juggalo Escribiu:

    cal é esa comedia futboleira?
    Non a coñezo…

  4. O Traveseiro Escribiu:

    -Pableras: Dás no cravo, o meu é un “pedazo” de blog, aínda lle queda bastante para ser enteiro, sobretodo visualmente falando, non coma o voso, feito por auténticos profesionais. Graciñas.

    -Djukica: Dubido moito que Aragonés ou Kresic cheguen á idade de Rodrigo (a piques de cumprir os 100). Algún adestrador con corenta anos menos está senil.

    -Juggalo: Ti sempre metendo o dedo na chaga: Que “quen é ese futbolista se se pode saber”, que “que para cando un post exclusivo de Vinnie Jones”… e agora isto. Agora mesmo non sei o nome exacto da peli, pero procurarei buscalo e cho poño aquí.

  5. Pableras Escribiu:

    Profesionais en perdé-lo tempo có paint e pouquiño máis, non vaias pensar…

    Pero como dixo Harvey Keitel en Pulp Fiction (espectacularmente dobrada ó galego) “Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas”

  6. O Traveseiro Escribiu:

    -Juggalo: É unha comedia televisiva dos Monty Python:

    http://www.dailymotion.com/daveandtom/video/x4efg5_monty-python-of-world-cup-soccer-jo_fun

    -Pableras: Para dobraxes espectaculares ao galego os substitulos da TVG de cando Benito Floro lles botara unha bronca as xogadores nun descanso dun Lleida-Real Madrid:

    “Coa pirola os fodemos!!!”

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo