Cejudo, a marca dos machos ibéricos

3 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

cejudo.JPG

De entre tódalas pequenas marcas de roupa deportiva (visten entre 0 a 2 equipos profesionais) hai dúas que chaman a atención polo seu nome. Unha é CEJUDO e a outra JAKO. Hoxe falarei da primeira porque da segunda tería que poñer algunha foto de Imperioso ou dun ionki meténdose un pico e non me apetece agora poñerme a pesquisar por internete, polo tanto falaremos de Cejudo.

A empresa foi fundada no ano 1925 D.C. por Ildefonso Cejudo Parreño, pero foron os seus fillos, alá polos anos setenta, os que decidiron adicar a actividade da empresa a fabricar roupa deportiva, e máis concretamente, calzado. Segundo presumen, Cejudo foi a segunda marca de España máis vendida no ano 1983. Supoño que a primeira sería Paredes e por detrás estaría Yumas (reservadas para xente con gran poder adquisitivo) ou mesmo Golfitos. Me escarallo que na súa web din que os establecementos especializados en roupa deportiva "esixen que os productos se apoien en xogadores e equipos de recoñecido prestixio", e nomean a clubes que patrocinan ou o fixeron anos atrás como Recreativo, Almería ou Xaén, e a xogadores de fútbol de primeira categoría (textual) como Darío Silva, Benjamín ou Ito... O primeiro, perdeu unha perna nun accidente de coche, non puido pisar ben o freo por culpa da baixa calidade das súas zapatillas de deporte Cejudo. Os outros, eternas promesas que se non se xubilaron xa están tardando.

hierro-unicej.JPG

O que tiñan que facer nesta empresa para ter éxito é patrocinar a xogadores que levaran o nome da marca non nas botas, senón nas cellas. Nos oitenta e noventa si sería sinxelo atopar cejudos, mais a día de hoxe é farto compricado ver a futbolistas que non se depilen as cellas, por eso este consello a Cejudo chega demasiado tarde. Entre as decenas de fotos de futbolistas cejudos escollo unha dun, Fernando Hierro, que tira por terra a miña teoría de que ter as cellas unidas polo medio é un símbolo de intelixencia, por aquelo de que une as dúas partes do cerebro. Esa alomenos é a escusa que pon un cejijunto coma min para non depilarme as cellas.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Estás sen nome |

5 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Exceptuando el pie de foto de la imagen de Hierro (el cual parece un ataque directo a su acento…andaluz), el post se sale. Estuviste un poco duro con Darío, pero bueno…¿qué se le va a hacer?

    Saludos.
    LigaFútbol

  2. otraveseiro Escribiu:

    Dokièh, te equivocas con lo de Unicej. No es por el acento andaluz, es por lo de que tiene una sola ceja: UNI-CEJ, una ceja.

    De todos modos aunque hiciera referencia a su acento créeme que no sería para despreciaros. Tengo familiares andaluces, concretamente en Sevilla, Almería y Graná, sería como echar mierda sobre mí mismo.

    En lo que respecta a Darío, si que soy duro, pero es que me gusta el humor negro, como bien dices ¿qué se le va a hacer?

    Saludos.

  3. DoKiÈh Escribiu:

    Hola O Traveseiro. Como bien ves en la hora de mi comentario, llegué a mi casa con alguna que otra cerveza de más jaja. Vaya, que ese chiste es bastante conocido aquí, pero no caí.

    Por cierto, el otro día estabamos hablando unos colegas y yo y solté un chiste de Darío similar al tuyo. Muy negro también. Vamos, que no estás solo.

    Saludos.
    LigaFútbol

  4. Anónimo Escribiu:

    Home, Benjamín e Ito non poden estar o mesmo nivel. O primeiro si que é unha eterna promesa pero Ito ten unha boa traxectoria na primeira división.
    Polo demáis a idea do post gústame.

  5. Agujetas Escribiu:

    Qué mamones!!
    Un saludo, vaya la tralla que le das a los pobres cejudos.
    El pobre Darío…Benjamin…Ito…
    vaya tiparrracos.
    Sí, lo del fútbol ya pasa de castaño oscuro y la marquita…
    Un abrazo desde Sevilla.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo