Cañete se nos casa

11 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

 boda-canizares1.jpg

Bo, mellor dito, Cañete se nos casou, de segundas nupcias, con Maite García, unha fermosa xovenciña de vinte anos. Foi o sábado da semana pasada, pero como aquí somos de efectos retardados, pois o poño hoxe que tampouco pasa nada. Foi unha ceremonia polo civil nun hotel de agroturismo (?) da illa de Ibiza, onde quixeron compartir o día máis feliz das súas vidas con perto de 400 convidados, entre os que se atopaban persoeiros do mundo do fútbol coma Raúl, Guti, Luis Enrique, Míchel, Alkorta, Urzáiz, Albelda ou Patxi Salinas. Tamén había outros alleos ao deporte rei pero tamén de alta alcurnia coma Alvaro Benito, o presidente de Corporación Merdoestética, o toureiro Enrique Ponce e o actor Miki Molina, que se bebeu até o auga dos cinceiros. Se botou en falta a Maicol Jackson e Ronald Koeman.

boda-canizares.jpg

Santi Cañizares vestiu co clásico chaqué onde se botou en falla a súa toalla da sorte. E a noiva o fixo cun vestido branco bordado con puntiña e fío de seda con toques de cristais Swarovski e plumas (con ese elenco de invitados as plumas non podían faltar). O vestido tiña corte de serea, axustado até debaixo da cadeira estilo evasé (?). Do corpo con forma de corazón saían uns finos tirantes, e na cabeza, un velo de tul de seda, que colocou a xeito de casquete, fruncido por detrás e que caían mesturándose coa cola do traxe. E nos pés, uns zapatos en tono prata. Pola noite, botaron o casquete na suite nupcial.

O convite se celebrou no mesmo lugar da voda, e o chef encargado de prepara-lo menú foi un tal Josep Coronado. Con ese nome imaxino que a súa especialidade serán os iogures BIO, que che renovan por dentro e por fóra. A agradábel velada rematou cun recital do triunfito Jesús de Manuel, amigo persoal de Cañizares, seguido dun coro rocieiro, momento que a maioría dos convidados seguiu dende o retrete gracias a Coronado.

santi-canizares.jpg

Para rematar, comento brevemente as fotos que acompañan esta crónica rosa. Arriba de todo, foto da feliz parella, ela radiante e el ten un careto que cada vez me recorda máis ao cantante de M-Clan e a Woody Harrelson. No medio, algúns dos convidados chegando á voda: Guti e a súa dona Arantxa de Benito, xunto con dous dos de Pignoise, ¿onde están os grupies asasinos cando se lles necesita?. Abaixo, un cromo de Cañete do ano 1996,  "pobre da muller que o leve", diriamos daquela ao ler iso.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Odioteca |

6 Comentarios

  1. Pableras Escribiu:

    Ónde está Al-Qaeda cando se lle necesita?

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Xúrocho, antes de publica-lo tiña posto algo así coma “¿onde están os terroristas suicidas cando se lle necesita?”, pero finalmente o troquei por “grupies” para non ferir sensibilidades (?).

    Alégrame ver que entre os lectores habituais, aparte de saídos, tamén hai amantes do humor negro e do politicamente incorrecto, coma min.

  3. Miguel Escribiu:

    Estaba claro, a súa película preferida non podía ser outra…

  4. juggalo Escribiu:

    pois a min dame pena que non volte por Riazor este fillo de puta

  5. linea de cal Escribiu:

    Moi bo blog. Véñote lendo duns diás para acá e non me deixa de sorprender. O máis curioso desta voda e que se soubo quen é realmente o cancro do Valencia, pois Cañete non invitou a Baraja (único xogador xunto con Hildebrand) á cita. Tras 10 anos xogando xuntos, demóstrase quen foi o chivato na época Koeman.
    SAÚDE!

  6. O Traveseiro Escribiu:

    Graciñas polo comentario e por poñe-la ligazón no teu blog da foto de Ujfalusi, cousa que eu non adoito a facer porque as fotos as gardo e logo non sei de onde as saco.

    Saúde.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo