Os culpábeis da deforestación do planeta

13 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Disque unha gran porcentaxe das bobinas de papel que se producen no mundo se usan para impresión de libros, cadernos, folletos, xornais, recibos, facturas, papel hixiénico, papel de uso sanitario, etc... Se sumamos todo iso dá para moito papel de diola, pero de tódolos xeitos non afectaría tanto á deforestación do planeta se non fose pola excesiva producción que se fai dos libros e do papel hixiénico. Pero non porque á xente lle guste ler, que nin de coña, nin porque se use en demasía o papel hixiénico para limparnos o cu, que bo... eso cada un saberá (eu polo menos non levo frenazo nos calzonciños). Os verdadeiros grandes causantes son:

fernando-potter.JPG

Harry Potter.
Se temos en conta que do primeiro exemplar do libro de J.K. Rowling se venderon 110 millóns de exemplares, que sumando as cinco seguintes entregas fan 400 millóns de copias, que van polo sétimo libro e que cada un deles ten unha media dunhas 800 páxinas...

papeis-racing.JPG

Os seareiros arxentinos.
Aos que lle gusta sobremaneira saudar a saída do seu equipo ao campo lanzando toneladas de papel hixiénico. Se multiplicamos os roios de papel que se tiran nun partido por tódolos que se xogan ao ano entre Apertura, Clausura, competicións internacionais e amigábeis...
Aínda que non se aprecie na foto, aí detrás hai unha portería e detrás desta os afeccionados do Racing Club de Avellaneda.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Cuspidinhos, Idas de olla |

3 Comentarios

  1. juggalo Escribiu:

    “La ciudad de Avellaneda
    Todo el mundo la recuerda por su fuerte olor a mierda,
    De ahi soy yo…. otra mierda… ese soy yo, esa es mi tierra…

    No hay nada mas antiecologico que un infeliz, que un infeliz…
    No hay nada mas antiecologico que un infeliz, que un infeliz…
    Y construiremos una enorme papelera
    Para limpiarnos la boca, para limpiarnos el orto…”

    AGUANTE LA BERSUIT CARAJO!!!!

    E que o pos a huevo

  2. O Traveseiro Escribiu:

    O outro día lembreime de ti cando vin os cartaces que anunciaban o concerto da Bersuit na Sala Capitol, en Compostela.

    Imaxino que te achegarías por alí.

  3. juggalo Escribiu:

    pois a verdade e que on puiden ir por razons laborais, e ben que me fastidiou (o curiosos é que no momento do concerto eu estaba a un kilómetro escaso da Capitol en Santiago nunha cea-acto do traballo).

    Consuélame o feito de que sí estiven no concerto que deron tamén na Capitol fai uns cantos meses: que festa redios!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo