Contesta e gaña fabulosos premios

22 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

A programación televisiva é unha auténtica merda, e máis a estas horas, onde predominan os programas de concursos telefónicos presentados por cachondas cuxo obxectivo e fundirche a pasta a base de chamadas. É unha vergoña que haxa que pagar por comerse o coco e foderse a vista. O Traveseiro non pode permanecer alleo a isto, polo tanto aquí non teredes que chamar nin pagar un peso, pero si concursar igualmente. Este é o panel de hoxe.

hajduk-split.JPG

Se trata de averiguar cantos cadros vermellos hai na foto. O premio sería a escoller entre unha foto de Raúl na cámara hipóxica, outra de Sergio Ramos vestido cunha camisola do Valencia, e finalmente unha de Iván Helguera en plan boltxevike. As tres exclusivas as teño gardadas no arquivo e as estou desexando publicar, de vós depende. De tódolos xeitos, aos que lles importen un pito eses premios sempre lle podo publicar unha estupenda foto das ATS's do campo de La Rosaleda de Málaga.

Nos programiñas eses dan as pistas ao final, mais coma eu non vou estar agardando polos comentarios vos deixo agora un par delas para choscos e activistas de "El Pelotón de los Salidos".

- Pista número 1, para choscos: O panel está baseado no escudo do equipo croata do Hajduk Split.
- Pista número 2, para saídos: Hai máis de dous escudos do Hajduk no panel.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Acertixos, Elas tamén xogan |

4 Comentarios

  1. juggalo Escribiu:

    non é por nada, pero fotos coma esas van en contra do propio blog (entendido este coma espacio de lectura).

    quen vai ler o texto con eses tremendos airbags mirándote fixamente?

    eu non podo afastar a vista.

    Mea culpa.

  2. DoKiÈh Escribiu:

    25.

    Raúl y la cámara de las narices, por supuesto.

    Saludos.
    Liga Fútbol

  3. O Traveseiro Escribiu:

    Partindo da base que un cadrado ten que ter as catro lineas rectas e iguais… o escudo do Hajduk tan só ten cinco cadrados vermellos. Como aí hai tres escudos, a resposta é 15.

    Para a semana que ven a ver se poño a Raúl na cámara esa.

  4. otomano Escribiu:

    Carallo, meu, xa anticipaches ti o da eliminatoria UEFA !

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo