Un asunto de carnets

24 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Onte pola mañá pasei polas oficinas do Deportivo a renova-lo abono da tempada, case que unha hora na cola, un bo sinal. Un carnet que este ano ten varias novidades.

carnet-deportivo.JPG

A primeira, o formato, deixan atrás o cartón plastificado e se pasan ao tipo tarxeta de crédito, xa era hora. As outras novidades, ás que ademais non lle vexo utilidade algunha, son que pon o prezo do abono no propio carnet, e tamén escrito en grande MASCULINO, para que se vexa clariño que o portador é un home, e nas das mulleres supoño que FEMENINO. Se es transexual o mesmo non che deixan entrar no campo porque non se corresponde o teu aspecto co que pon na tarxeta identificativa. Un novo éxito da ministra Bibiana Aído.

O que non mudou para nada é o idioma do mesmo, 100% en castelán, ao igual que a lista dos prezos e a lingua na que che falan os administrativos do Clube. E xa de paso, tamén os correos que che mandan á casa, a revista, o xornal, a web... todo en castelán. Por desgracia, o caso do Deportivo é bastante habitual en empresas do país, o cal me fai reiterarme na idea de que os precursores e asinantes do manifesto ese de apoio ao "maltratado" castelán son uns putos paranoicos.

Volvendo ao tema do formato do carnet, que sexa tipo tarxeta de crédito me recorda que este non é a única tarxeta de socio dun clube de fútbol profesional que posúo, eso si, non ao meu nome. É esta que segue.

carnet-leeds.jpg

Chegou ás miñas mans a raíz dunha eliminatoria de cuartos de final da Champions que enfrontou ao Deportivo co Leeds United, no 2001. Coido que foi así: David, que así se chama este home (prefiro tacha-lo apelido), cun pedal enriba que te cagas, vai e lle deixa ao camareiro dunha cervexaria o seu carnet do Leeds e lle di que despois do partido voltaría por el (?). Non é que deixara unha bolsa de peso ou algo que sabería que non lle deixarían meter no campo... non, é unha tarxeta plana que mide coma o dedo corazón e que ademais, é persoal e intransferíbel. O tipo loxicamente despois do partido se pirou de volta para Inglaterra e non voltou a polo carnet. O camareiro era amigo do meu irmán e non sei como foi o roio que o trouxo para casa, nos botamos unhas risas, e aínda o conservo. Como se aprecia na imaxe, o tío parece sacado da peli de Los Caraconos.

Pola parte de atrás, aparte das normas de uso e da sinatura do propietario do mesmo, pon que si se atopa o carnet que por favor sexa enviado ao seguinte enderezo: Leeds United AFC, Elland Road, Leeds, Yorkshire, LS11 OES. Como é obvio non llo enviei, senón non o tería, pero tampouco estaría mal facelo agora, despois de sete anos, seguramente se ían quedar flipados. Eso se David non palmou, porque de feito pon que a data de expiración foi o 30 de Xuño do 2001.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X |

5 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Nada, ya quédate el carnet, que le jodan. Hay que ser tonto para dejarlo en un bar (a propósito) a miles de kms. de tu casa.

    Oye, está claro que me parece bien que defendais vuestra lengua propia, como es el gallego, y que la deis a conocer. Pero vamos, que tampoco pasa nada por usar el castellano. No me entendais esta opinión como las típicas de los defensores a ultranza del español, por favor.

    Saludos.
    Liga Fútbol

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Dokieh, hablo bastante en castellano a diario, y también lo escribo en foros y demás sin ningún problema.

    El castellano está en todas partes, de todos los canales de la TDT solo uno en galego, todos los periódicos en castellano menos dos, en el cine, en el supermercado… casi todo en castellano. En Euskadi y Catalunya la situación es parecida.

    No ataco la lengua española, pero sigo sin entender como hay personajes que pueden crear un manifiesto haciendo creer a la gente que no vive en Galiza, Euskadi y Catalunya que en estos sitios el castellano está en peligro de desaparecer. Y lo peor es que hay gente que se lo cree.

    Por otro lado, Dokieh, no hace falta que te justifiques. El hecho de que visites este blog y hagas el esfuerzo de leerlo no siendo galego ya dice bastante de ti, como ya te dije en alguna ocasión.

    Saludos y gracias.

  3. DoKiÈh Escribiu:

    Los del manifiesto, pues son otros más de tantos que bajo el pretexto de que “España se rompe” (pfff…) nos quieren dividir. Mientras los ciudadanos de todas partes del país estamos más unidos que nunca, a ellos no les queda otra que mentir e inventar para intentar dividirnos. Tanto los de un lado como los de otro. Yo no soporto a ninguno de los dos. Y los del manifiesto…bueno, podrían hacer el esfuerzo y darse cuenta de que el que haya tantas lenguas oficiales en nuestro país enriquece muchísimo nuestra cultura.

    Gracias por el halago O’Traveseiro.

    Saludos y Forza Depor.
    Liga Fútbol

  4. breogain Escribiu:

    Hai que ser pailán para deixa-lo carnet asi, de calqueira maneira, que agora veño a buscalo, como se pesara tanto metido no peto…joder, o mundo está cheo de frikis !!

    E no tema do galego no Deportivo, pois aqui acontece máis do mesmo, o Pontevedra C.F. segue a ter todo en castelán, nós hai anos que temos carnets tipo tarxeta de crédito con banda magnética e tal, pero todo en castelán, as dependencias administrativas tamén, unha mágoa que o clube lle dea as costas a unha parte da súa masa social que é galegofalante, alomenos deberia ser bilingüe e respectar aos que falamos en galego e somos socios.

    Un saúdo travesseiro

  5. Dirty Escribiu:

    O meu recibo que é mensual (non anual) o formato e igual pero non fai referencia ó sexo.

    Saudos,

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo