O fontaneiro do Mallorca

27 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

O Real Mallorca está atascado (ten problemas para facer fronte aos pagos) e o desatascador que o desatasque bo desatascador será. Paul Davidson, ese señor sorrinte con cor de pel de cangrexo alcólico, é o noso home, o novo propietario do Mallorca, coñecido coma O Fontaneiro da City (se fixo millonario co negocio das tuberías).

paul-davidson.JPG

En principio non será presidente, tan só poñerá os cartos para fichar xogadores e deixará a parcela deportiva para os que supostamente entenden. Polo tanto, este non será un Piterman da vida, pero tamén nos pode divertir, polo que deduce do que di nas entrevistas. Como proba, vos deixo cun pequeno recopilatorio das frases que deixou en sendas entrevistas que fixo ao Marca e ao Diario de Mallorca:

- O porque de que merque o Mallorca e non outro:
"Quixen que sexa o Mallorca porque na illa estou moi ben, estase moito mellor coa temperatura de Palma que en Inglaterra coa choiva. Cambiei Marbella por Mallorca porque alí non hai a onde ir, e aquí podo visitar un montón de sitios co meu iate".

- Os seus obxectivos deportivos:
"A miña idea é gañalo todo, a Liga, a Copa e a Champions".
(Baixa Modesto que sube Davidson).

- Os seus obxectivos económicos:
"Quero que os beneficios da miña compañía rematen no Mallorca. Para vivir non necesito máis diñeiro do que xa teño".

- Os seus obxectivos sociais:
"A miña interese primordial é conseguir que haxa máis ingleses nas bancadas de Son Moix, e quita-las pistas de atletismo".

- Os seus partidos:
"Presenciarei tódolos partidos do Mallorca, tanto na casa como fóra. Quero ir á grada a pasalo ben como afeccionado, bebendo cervexa e saltando".

- Os seus coñecementos futbolísticos:
"Non sei nada de fútbol, pero aprendo rápido e vou concentrarme en facelo. Agora mesmo só son seareiro dun equipo das categorías inferiores inglesas".
(Nin puta idea de fútbol, polo tanto reúne os requisitos para ser propietario dun equipo español).

toshack-venables-kendall.jpg

Para rematar, quero que este post británico-flipado-cervexeiro serva tamén como pequena homenaxe a tres adestradores das illas que coincidiron na nosa liga alá por finais dos oitenta. JB Toshack (Real Sociedade), Terry Venables (Barcelona) e Howard Kendall (Athletic de Bilbao). Aquí aparecen os tres departindo, se supón que de fútbol, e acompañados de cinco cervexas. Ou sobran dúas ou a un deles lle falta unha. Aposto pola segunda opción.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade |

2 Comentarios

  1. Sergio Cortina Escribiu:

    Soy fan desde ya de este fulano

    Por cierto, acabé de migrar y renovar todo el blog. Ahora está en http://www.lavidaendomingo.es, por el tema de favoritos y tal

    Y una cosa. Voy a comenzar con una sección de firmas invitadas y me molaría que la abrieras tu. ¿Qué te parece?

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Ya hace unos días que actualicé tu nuevo dominio en el Google Reader ese de marras.

    En cuanto a tu proposición… Con la de gente que se pasa por tu blog… ¿por qué a mí? Me llena de orgullo y satisfacción pero es que yo firmo fatal.

    Fuera coñas, mañana si eso te mando un email y me cuentas de que va exactamente la sección esa.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo