I + D Investigación e Desenrolo… de gilipolleces
29 de xullo do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Os científicos, como persoas humanas (sic) que son, ás veces se aburren, e cando esto acontece se lles dá por facer estudios absurdos que non serven absolutamente para nada. Como por exemplo, o dun tal Marcus Smith (Marcos Ferreiro), das universidades de Chichester e Gloucestershire, no Reino Unido. O tipo, futuro gañador do Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica, fixo un minucioso análise de Cristiano Ronaldo e do músico Clem Burke, de Blondie, e sacou a "superinteresante" conclusión de que Cristiano traballa menos que un baterista de rock. Segundo o estudio, os dous fan esforzos similares en 90 minutos, un de partido e outro de concerto, pero o músico curra máis porque fai máis concertos que partidos xoga un futbolista.
Esta estupidez non ten en conta os adestramentos do xogador nin os ensaios do músico, non pensa en que un futbolista profesional non dá practicamente pancada en todo o día e o músico profesional si. De tódolos xeitos, é se cabe máis absurdo porque non escolle precisamente a un Munitis nin a un baterista especialmente cañeiro. Ademais, tampouco hai que ser un Einstein para saber que calquera traballador do gremio que sexa curra máis que un futbolista profesional, sobretodo se o xuntamos co tema salarios. Un repartidor de propaganda traballa máis que Cristiano, o mesmo que un panadeiro, un camareiro, unha perruqueira ou un vendedor de seguros a tempo parcial. Só os científicos da universidade de Chichester traballan menos que un futbolista, ou cando menos, teñen máis tempo libre.
Para ilustrar esta entrada non atopei ningunha foto por internet do tal Cristiano Ronaldo, así que haberá que poñer unha dun baterista, e, a poder ser, futboleiro. Eu coma sempre varrendo para casa: Zoupándolle á batería, Miguel, do grupo O Rei Babar.
chúzame - Arquivado en Actualidade |




xullo 29th, 2008 ás 1:42 pm
Jo jo jo …¡¡Miguel Segret Mondelo!! Graciñas polo documento gráfico porque me vai servir para botar unhas risas con él.
xullo 29th, 2008 ás 3:06 pm
Dirty, por se acaso se mosquea e di que me vai poñer unha denuncia por divulga-lo seu careto en internet sen o seu consentimento, dille que esa e outras fotos as tiñan xa eles postas na súa páxina web cando estaba operativa.
E os apelidos os puxeches ti, eu lávome as mans.
xullo 31st, 2008 ás 4:20 pm
Tranquilo que como intente algo semellante tírolle eu das orellas….jo jo jo