Lei de Dependencia para Luis Aragonés

29 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

luis_volteado.jpg

Coido que Luis Aragonés se pode acoller perfectamente á Lei de Dependencia en Grado 2, que é cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades da vida cotiá dous ou tres veces ao día pero non requiren apoio permanente dun coidador, ou ten necesidades de apoio extenso para a súa autonomía persoal. Como se pode apreciar na imaxe superior, os xogadores españois na Eurocopa teñen que axudalo para que se poida mover dun lado a outro porque non pode desprazarse só. O método, tipo funeral palestino, non é o máis axeitado, pero bueno, para eso xa están os supervisores das administracións.

aragones.jpg

Así mesmo, nesta outra foto apreciamos coma Luis Aragonés tampouco é quen de valerse por si mesmo para comer, polo que ten que ser alimentado polos propios xogadores do seu actual equipo, o Fenerbahçe. Neste caso o que lle suxeita a culler é o centrocampista Tümer Metin. Non se descarta que algún día pase ao Grado 3, cando a perda non só sexa física, senón tamén intelectual, mental e sensorial.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla |

3 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Jajajaja. Este blog debería recibir un premio joder. Pero de dónde sacas esa foto del Fenerbahçe?

    Problemas para moverse sí que le veo, pero para comer no tanto, con la pasta que va a ganar.

    Saludos.
    Liga Fútbol

  2. otraveseiro Escribiu:

    La foto es muy reciente, de hoy mismo. La saqué de la propia web oficial del Fenerbahçe enlazando desde un periódico de información general que comentaba la noticia del 70 cumpleaños de Luis.

    Saludos.

  3. Tomi Escribiu:

    No te me metas con Don Luis Aragonés que te meto, Anacleto … :-)

    Un saludo.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo