Terroríficos primeiros planos

31 de xullo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Non quero resultar pesado co Marca pero non podo evitar comentar algo que acontece con este xornal dende que eu era cativo, agora acrecentado ca edición dixital: A puta manía que teñen de poñe-los primeirísimos planos da faciana do xogador, adestrador ou presidente de turno. Non lles importa en absoluto feri-la sensibilidade do lector, mostrándonos os pelos do nariz, os puntos negros do pel, as legañas dos ollos, (se leva gafas, como Capello) as manchas dos cristais, o sarro dos dentes...

pepe.jpg

Esta captura que poño non é o mellor exemplo, porque alomenos deixan algo de espazo sen cabeza, pero o habitual é que poñan toda a fotografía ocupada pola cara do fulano. Pero dá igual que non o poñan enteiro porque o protagonista é un que é máis feo que pegarlle a un pai: o defensa do Madrid, Nosferatu Pepe. Na edición impresa ao mellor ese careto pode ocupar tranquilamente media páxina, sen esaxerar. Ademais, da entrevista escollen coma titular un comentario do central, o que todo o mundo sabe pero que ninguén se atreve a dicer, que Cristiano Ronaldo é un xogador incríbel. Realmente a frase está retocada, porque en realidade o que dixo foi que Cristiano é anormal un futbolista fóra do normal.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Adefesios, Xornalistos |

2 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    La verdad es que sí, que ese estilo tan particular del MARCA toca los huevos un poquito. No entiendo por qué lo hacen así, pero tampoco entiendo muchas cosas de ellos.

    Saludos
    Liga Fútbol

  2. Recent Links Tagged With "primeiros" - JabberTags Escribiu:

    [...] public links >> primeiros Terroríficos primeiros planos Saved by Ivoryshadows on Sat 06-9-2008 Picnick piramidal Saved by robertawedge on Sat 23-8-2008 [...]

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo