
Bo, mellor dito, Cañete se nos casou, de segundas nupcias, con Maite García, unha fermosa xovenciña de vinte anos. Foi o sábado da semana pasada, pero como aquí somos de efectos retardados, pois o poño hoxe que tampouco pasa nada. Foi unha ceremonia polo civil nun hotel de agroturismo (?) da illa de Ibiza, onde quixeron compartir o día máis feliz das súas vidas con perto de 400 convidados, entre os que se atopaban persoeiros do mundo do fútbol coma Raúl, Guti, Luis Enrique, Míchel, Alkorta, Urzáiz, Albelda ou Patxi Salinas. Tamén había outros alleos ao deporte rei pero tamén de alta alcurnia coma Alvaro Benito, o presidente de Corporación Merdoestética, o toureiro Enrique Ponce e o actor Miki Molina, que se bebeu até o auga dos cinceiros. Se botou en falta a Maicol Jackson e Ronald Koeman.

Santi Cañizares vestiu co clásico chaqué onde se botou en falla a súa toalla da sorte. E a noiva o fixo cun vestido branco bordado con puntiña e fío de seda con toques de cristais Swarovski e plumas (con ese elenco de invitados as plumas non podían faltar). O vestido tiña corte de serea, axustado até debaixo da cadeira estilo evasé (?). Do corpo con forma de corazón saían uns finos tirantes, e na cabeza, un velo de tul de seda, que colocou a xeito de casquete, fruncido por detrás e que caían mesturándose coa cola do traxe. E nos pés, uns zapatos en tono prata. Pola noite, botaron o casquete na suite nupcial.
O convite se celebrou no mesmo lugar da voda, e o chef encargado de prepara-lo menú foi un tal Josep Coronado. Con ese nome imaxino que a súa especialidade serán os iogures BIO, que che renovan por dentro e por fóra. A agradábel velada rematou cun recital do triunfito Jesús de Manuel, amigo persoal de Cañizares, seguido dun coro rocieiro, momento que a maioría dos convidados seguiu dende o retrete gracias a Coronado.

Para rematar, comento brevemente as fotos que acompañan esta crónica rosa. Arriba de todo, foto da feliz parella, ela radiante e el ten un careto que cada vez me recorda máis ao cantante de M-Clan e a Woody Harrelson. No medio, algúns dos convidados chegando á voda: Guti e a súa dona Arantxa de Benito, xunto con dous dos de Pignoise, ¿onde están os grupies asasinos cando se lles necesita?. Abaixo, un cromo de Cañete do ano 1996, "pobre da muller que o leve", diriamos daquela ao ler iso.
chúzame -