Almendralexo, poucos e mal avenidos
30 de Agosto do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Hoxe comeza o campionato de liga 2008-2009 para o Real Madrid, Atlético, Valencia, Sevilla, Espanyol… e tamén para o Malpartida, Trujillo, Gran Maestre, Sagrada Cena… Os primeiros competirán na Primeira División e os segundos na Rexional Preferente estremeña, quinta división do fútbol español no que, aparte deses equipos, tamén haberá un derbi de Almendralexo entre o C.F Extremadura e o Extremadura U.D.
O primeiro é un clube que hai uns poucos anos estaba en primeira e que foi baixando de categoría pouco a pouco acuciado polos problemas económicos causados por unha lamentábel xestión do seu presidente, Pedro Nieto, o mesmo que os levou a primeira por certo. O segundo foi fundado hai un ano por un grupo de seareiros do primeiro (coa inestimábel colaboración do alcalde de turno), que en vez de loitar pola supervivencia do clube, crearon outro roubándolle ao orixinal o escudo, as cores, o campo, os xogadores…
En total máis de mil afeccionados do C.F Extremadura se pasaron ao outro e tendo a cara de dicer que o seu caso é coma o do Sestao River Club ou o Mérida U.D. Deso nada monada, o River se creou porque o Sestao Sport Club desapareceu, o mesmo que o C.P. Mérida, ao igual que hai anos pasou o mesmo co Burgos ou Málaga, esas cidades se quedaron sen equipos e os afeccionados ao fútbol se tiveron que facer dun novo clube refundado. O voso, en troques, é unha vergoña e unha traizón como a que fixeron en Logroño e Oviedo, por exemplo.
O caso é que namentres o C.F Extremadura competirá enfermo de morte e apoiado por catro gatos, o U.D o fará con mil julais abonados, un orzamento duns 120.000 euros e cunha plantiña formada por ex-xogadores de Terceira e Segunda B, e cun obrigado obxectivo que é o ascenso. Eu só agardo que non o consigan, e que se metan o gran batacazo, como no seu momento o Oviedo Astur, Granada 74, Recreación de Logroño (agora Logroñés C.F) e demais merdas. De momento, parten en desventaxa, o adestra un tal Pepe Bizcocho, ¿a onde vai con ese nome?
Arquivado en Actualidade |
4 Grandísimas aportacións »














