Medallas de prata de diversa consideración

24 de agosto do 2008 perpetrado por otraveseiro

-Ben considerado.

Image Hosted by ImageShack.us

Ou neste caso, considerada, Gemma Mengual. A catalana gañou a medalla de prata en dúos e onte outra máis por equipos de natación sincronizada. Aparte de ser moi xeitosa e simpática (polo que se lle ve nas entrevistas) é futboleira, e ademais, do Espanyol. Non é que teña excesiva importancia este dato, pero para min ten o seu mérito ser de Barcelona e non ser do Barça, ademais de exercer de perica: sempre pousa coa camisola do equipo, e, todo hai que dicilo, ten cara de periquito.

-Mal considerado.

Image Hosted by ImageShack.us

David Cal. O piragüista galego tamén se trae dúas medallas de prata de Pekín, pero a diferencia de Mengual, este saíu todo serio no podio, como se non valorara a medalla de prata. Esta claro que o seu obxectivo eran os ouros, pero tío, subcampión nuns xogos olímpicos non está nada mal. É natural de Cangas do Morrazo, así que sendo futboleiro como é o normal sería que fose do Alondras CF, ou cando menos, do Pontevedra, que para iso é onde lle prestan as instalacións e onde adestra. Nada máis lonxe da realidade, ninguén é perfecto e David Cal é do Real Madrid, vaia por deus. Nunha entrevista para a web do Madrid, entre outras cousas dixo o seguinte: "Ogallá houbera un Real Madrid en piragüismo, sería unha sorte". Quita, quita, o que nos faltaba.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade |

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo