Volcados co seu equipo

24 de agosto do 2008 perpetrado por otraveseiro

Image Hosted by ImageShack.us

A imaxe non é actual nin moitísimo menos, data de 1996 ou por aí, pero é suficientemente friki para te-lo seu lugar en O Traveseiro. Por aquelas datas a Federación Indonesia de Fútbol autorizara a fichaxe de futbolistas estranxeiros polos clubes da illa, algo que conlevou un gran incremento de espectadores aos partidos.

A All Surabaya Football Association viuse totalmente desbordada, polo que tivo que pedir axuda ao exército para que axudara a transportar á xente aos encontros. Nun destes transportes, unha furgoneta militar que xa levaba a cen persoas, viu coma decenas de xóvenes, que non saben que camiñar é moi sano, se subiron á mesma porque non estaban dispostos a ir a patas de ningunha maneira. Craso erro, porque aos poucos metros de arrincar a furgoneta, esta non puido soporta-la pesada carga e volcou sen remedio. Sorprendentemente tan só houbo doce feridos de carácter leve.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Xentes da grada | 3 Grandísimas aportacións »

3 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Excelente instantánea.

    “El fútbol es igual en todas partes”.

    Igual que el ejército. Donde sea que estén, se arma el taco.

    Saludos.
    Saque de Esquina

  2. breogain Escribiu:

    jajaja, fantástica foto, de onde sacarás ti estes documentos gráficos tan magníficos…. :)

    por certo, parabéns pola victoria do Deportivo, agora a por Europa, sorte !!

  3. O Traveseiro Escribiu:

    A verdade é que a foto xa a tiña escaneada hai bastante tempo dunha revista, pero en branco e negro.

    Sen embargo o outro día a vin a toda cor(navegando por internete) nunha fotomontaxe na que sae Zidane dándolle un cabezazo ao camión. Por suposto, o deixei fóra.

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo