Ronaldinho e Hawking, grandes referentes

30 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

O famoso físico británico Stephen Hawking andivo está pasada semana por estas terras visitando varios lugares da Costa da Morte e Compostela. O seu anfitrión en Galiza, o científico Jorge Mira, dixo durante a visita deste á Universidade compostelá que "Os rapaces queren ser futbolistas porque ven a Ronaldinho. Agora agardo que queiran ser científicos porque ven a Hawking".

Vendo o lamentábel estado físico do xogador dubido que haxa nenos que queiran ser futbolistas mirando para el, a non ser que este home está totalmente desconectado do fútbol e non saiba da decadencia de Dinho. Tamén puido ser peor, como dicer que os nenos queren ser futbolistas ao ver a Ladislao Kubala, por exemplo. En canto ao científico... ten todo o que lle falta ao brasileiro (salvo o físico): cerebro, loita e moitísima dignidade. Por certo, que vendo a súa biografía comprobo que ten unha pequena relación con mundo do fútbol, concretamente coa Erreala (é membro da Real Sociedade... de Londres) e co Rácing de Avellaneda (membro da Academia... Pontífica das Ciencias).

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 3 Grandísimas aportacións »

Morreu Marcelo Lippi

29 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Así me dixo o meu irmán hai un par de días, que morrera Marcelo Lippi. "¿Como que...? Ah! bo..." Rapidamente caín da burra de que o meu irmán sempre se referiu ao actual seleccionador italiano coma Paul Newman, polo, segundo el, grande parecido (?) entre ámbolos dous. Tampouco me sorprendeu. Me sorprendería se me dixera que palmara Paul Newman, porque entón entendería que quen as pichou foi Marcelo Lippi, mais o actor estaba moi enfermo e xa era moi maior.

A ver... que a idade ou enfermidade tampouco ten que ver, eh!! porque hai moito fillo de puta octoxenario que non casca nin pa dios. ¿Pactos co diaño? ¿Baños en augas radioactivas? ¿Mala herba nunca morre? A saber.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade, Cuspidinhos | Comenta, non sexas rata »

Invasión de campo

26 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Desta vez non me estou a referir á clásica invasión de campo levada a cabo por afeccionados ao final do derradeiro partido da tempada, que pasa en practicamente en tódolos campos menos no do Betis, onde aparte de na derradeira xornada, tamén o fan nalgún que outro domingo e festas de gardar. Do que falo é da invasión do campo de Cepelo (na parroquia de Logrosa, pertencente á localidade coruñesa de Negreira), por parte duns desalmados e perigosos carballos. Estas árbores forman parte dunha carballeira centenaria que se atopa no pazo de Albariña, que limita co campo de fútbol.

Segundo o Concello, as follas e landras que caen das polas dos carballos no céspede o danan considerablemente, xa que é de herba artificial. Por este motivo o alcalde se presta "a solicitar destes veciños, como se pode facer con calqueira, que corten as ramas que saen do seu valado e invaden o espacio do terreo de xogo público". O normal nestes casos é que esta laboura sexa encomendada a marulos que non teñan nin puta idea de podar árbores e que éstas acaben morrendo, así que eu me pregunto... ¿que problema hai que nun terreo de xogo dun povo haxa follas e froitos das árbores? ¿Teñen medo os futbolistas a que unha bellota ou folla lles caia na cachola e lles produza unha fractura craneoencefálica? ¿É o céspede artificial a alfombra da casa do puto alcalde, para que haxa que mantelo limpo e empatenao? ¿Por qué no país da choiva, onde os campos de fútbol se regan sós, se fan de herba artificial, coma se estivesemos en Murcia ou Canarias? ¿Estaba o campo de fútbol aí cando se prantaron os carballos hai uns centos de anos?

Dito esto... na primeira foto obsérvase a parte exterior, coas polas dos carballos invadindo o espazo aéreo do campo nicrariense (así se chaman os habitantes de Negreira, e non negreiros ou negratas). E xusto aquí enriba, foto capturada por min mesmo do Google Earth (grande invento), onde se aprecia na parte inferior esquerda como estas árbores asasinas están a piques de engulli-lo bandeirín de córner.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | Comenta, non sexas rata »

Veteranos do Vietnam

23 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

O pasado domingo Moyá, porteiro do Mallorca, sufriu unha ferida nunha perna ao chocar con Omar Bravo nun balón dividido, aparte doutros pequenos golpes. Para relata-lo acontecido en Riazor declarou á prensa balear que "Parece que vengo del Vietnam, ya venía golpeado antes del partido y hoy me han acabado de arreglar". Está claro que o de Vietnam é unha esaxeración, o que me choca é que non dixera algo máis actual, coma que ven do Iraque, Afganistan, da franxa de Gaza ou dun Roma-Napolés. Mais que usase o nome de Vietnam me lembra que non é o primeiro que compara un partido de fútbol coa guerra do Vietnam, mais se Moyá o fai en plan coña, outros o din todos cheos de razón. Estou a falar do coñecido escritor e xornalista Fernando Sánchez Dragó, que se autodefine coma anarquista de dereitas, apátrida españolista, votante do PP, fumador de petas con delirio... que se fixo famoso por presentar programas literarios non aptos para narcolépsicos, coma Negro sobre blanco, e por convidar contertulios nun estado de embriaguez bastante evidente.

Ben, pois Sánchez Dragó sempre que pode mostra públicamente a súa animadversión ao mundo do fútbol, e me parece correcto, totalmente respectábel. O malo é a comparación con este deporte que fixo hai coma quince anos nunha entrevista con Jesús Hemida en Antena 3, tras asistir a un derbi entre o Atlético e o Real Madrid: "Cuando yo fui a ese encuentro Madrid-Atleti las rodillas me temblaban. Nunca, nada en este mundo, ni siquiera la guerra de Vietnam en la que estuve, ha herido tan profundamente mi sensibilidad como aquel partido... Aquellos gestos, aquellos aspavientos, el lenguaje que utilizaba la gente, la violencia, la agresividad, el humo. Todo lo que había, a mí me recordaba extraordinariamente –nada me ha recordado tanto en el mundo– las manifestaciones y los mítines nazis..." Isto o di o mesmo tio que di que exacula para dentro e que é gran afeccionado á tauromaquia, pois considera que o touro durante a lidia segrega as mesmas hormonas do pracer que o orgasmo sexuarrrlll.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Defecacións verbais | 4 Grandísimas aportacións »

Foto oficial: mirade para o paxariño

19 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Onte o Real Madrid fixo a foto oficial do equipo de principio de tempada. Na web do clube fan a crónica de tan magno acontecemento, e repasándoa un non sabe se se trata da crónica dunha web de fútbol ou do Hola narrando un acto da familia diarReal, polo peloteo constante aos protagonistas: "Como cada año, y como viene siendo habitual, entre bromas, risas, abrazos, saludos y con Alfredo di Stéfano protagonizando las escenas más divertidas [...] Una plantilla de veinticuatro grandes futbolistas, en un escenario mágico como el Santiago Bernabéu, que ya ha quedado retratada para la posteridad".

A diferencia cunha crónica social do Hola é que neste caso en vez de destacar a típica pijada que fai ou di o primeiro dos españois, o seu fillo, ou os netos, o fan con Alfredo Di Stéfano, o presi de honor do Madrid, que o teñen coma un semideus (semi, porque o deus é Raúl) e todo o que di ou fai o magnifican, coma por exemplo: "Sólo la llegada de Alfredo di Stéfano puso en pie a los futbolistas. El Presidente de Honor del Real Madrid es una figura muy querida entre toda la plantilla y focalizó, una vez más, los abrazos y las risas de los que le rodeaban: 'Yo cada año estoy mejor, pero ustedes ya van haciéndose mayores', bromeaba el astro argentino". Para os do Marca non foi unha broma, senón un "recado de Di Stéfano a la plantilla".

Máis frases 100% empalagosas: "Era difícil que en tan buen ambiente las caras no fueran sonrientes. Durante la espera, elocuentes comentarios se podían escuchar: los 'péinate bien' o los irónicos '¡guapo!' se lanzaban entre los jugadores. Metzelder volvía a destacar en la fila más alta de la imagen y él mismo bromeaba: 'Lo mismo no sale mi cabeza'. Mientras los más bajitos optaban por ponerse de puntillas, todos se cuadraban militarmente para conseguir la mejor pose".

Pero aínda que pareza que este é un acto exclusivo do Real Madrid non é así. Todos, absolutamente tódolos equipos do mundo fan fotos oficiais das súas plantiñas, incluidos os equipos máis modestos, onde tamén se dan anécdotas divertidas. Así, se no Real Madrid pasan cousas como que "…de nuevo foto de familia con Di Stéfano en el centro pidiendo le dejaran salir con su bastón" pero non lle deixan, neste equipo alemán que non teño nin idea como se chama pero que ten unha cor de camisola bastante escatolóxica, tamén hai un graciosiño. Como non lle deixan sair na foto co bastón, pois o saca de debaixo do pantalón (fila de abaixo, segundo pola dereita). Se pinchades na imaxe o poderedes ver en grande (a imaxe e a minga).

Por certo, segundo os datos da foto, esta foi tomada o 27 de Xullo do 2008 ás 15:07 cunha cámara NIKON D50. Quero salientar esto porque na web do Madrid din que "desde el Club se quiere agradecer a Canon su colaboración prestando la cámara EOS Mark III Ds y un objetivo de 50 milímetros". Ou sexa, que o clube que se ía gastar oitenta millóns en Cristiano Ronaldo non ten cartos para mercar unha cámara, a ten que pedir prestada.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 1 Grandísima aportación »

Salta conmigo, salta

18 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Que nos días de fútbol os coches se estacionen enriba das beirarrúas é máis vello que Matusalem, e coa total permisividade da policia local, pois non hai axentes nin grúas suficientes para poñer multas e levarse a tantos coches. En Barcelona os infractores se contan por centos, así que o Concello barcelonés tomou a medida de poñer blocos de formigón nos arredores do Camp Nou para evitar que os carros aparquen na beirarrúa. Paréceme ben, mais non así a esaxerada explicación que deu o Concelleiro de Mobilidade, Francesc Narváez, para xustificar esa medida: "A xente non podía ir ao campo saltando sobre os coches".

¿E por que non? Na República Checa o fan con bastante asiduidade os días de partido e ninguén se rasga as vestiduras. Ao contrario, se en Barcelona fixesen como os checos ten por seguro que ninguén se desprazaba ao campo no seu carro, senón en transporte público ou a calcetín.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | Comenta, non sexas rata »

Breve conversa deportiva no traballo

15 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Domingo, 6:57 AM, no meu centro de traballo.

-COMPAÑEIRO: Menudo domingo de retransmisións deportivas que temos hoxe, até dan o Deportivo en aberto ás cinco.
-EU: E por dúas canles, por LaSexta e pola TVG.
-COMPAÑEIRO: Eu pola TVG os partidos os vexo co volume completamente baixado... (Esto o fai moita xente, nos só coa Galega, tamén con outras porque non lles gustan o xeito de narrar dos comentaristas, o prefiren pola radio, pero atención aos motivos deste) ...porque estou até os collóns de me me chamen "siareiro" estes capullos.
Eu calo, non sei que dicer. A esas horas aínda non son persoa, polo tanto, apenas podo pensar.

-COMPAÑEIRO: Ademais tamén botan a Volta ciclista, as motos e a Fórmula 1.
-EU: Xa non me gusta o ciclismo, e o motor tampouco, aparte de que non os considero deportes.
-COMPAÑEIRO: As motos si que teñen algo de deporte, e ás veces, coma hoxe, son interesantes. A ver se hai sorte e chove e así pode ser divertido ve-las hostias que se pegan.

Tamén comentou algo dos autos de choque que non acertei a descifrar, momento en que finalizou esta productiva conversa. A conclusión que saco de todo isto e que se un domingo ás sete da mañá, cando comeza a xornada laboral, cando ninguén ten gañas de falar, e en apenas dous minutos (incluidas as pausas de silencio) se poden dicer unhas cantas paridas... imaxinádevos as que se dirán de fútbol e deporte en xeral en catro horas nunha tasca ou bareto, entre viños e cervexas.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X | 8 Grandísimas aportacións »

Murais Capdevila

13 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Xa hai tempo que o levo usando pero até onte non me decatei de que no Gmail (o correio electrónico de Google) vanche pasando pola parte superior, e en pequeno, ligazóns a actualizacións de certas páxinas web. As máis habituais son novas do 20 Minutos, de Libertad Digital, de Invertia (portal financieiro de Terra) e do ABC, ou sexa, practicamente todo morralla. Mais tamén poñen ligazóns á web do Hola, onde publican interesantes exclusivas coma que "Eugenia Martínez de Irujo y Gonzalo Miró salen a cenar con Maradona y su novia", ou de Nosotras.com: "Trucos de maquillaje para aumentar el pecho... ¡Presume de volumen!"

Tódalas ligazóns son por ese estilo, por eso me chocou ver unha que se sae do corrente, a dunha empresa de cerámicas chamada Mosaicos Capdevila, S.L. Sabía da faceta do actual xogador do Villarreal, Joan Capdevila, de facer malabarismos cos cubatas, ou de canta-los temas de Barricada no Rock in Cambre 2006 eufórico perdido, pero non que fabricara baldosas hidráulicas en Burriana (Castellón). Na Coruña, a falta de mosaicos, murais, coma este do propio Joan en Riazor, asinado por el mesmo.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X | Comenta, non sexas rata »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo