De idas e venidas
2 de setembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Onte se pechou o mercado de fichaxes, así que os que non conseguiron fichar a quen desexaban ou os que se teñen que quedar cos descartes porque non puideron darlles saída que se fodan, polo menos até decembro, que é cando se volve a abri-lo prazo. Non vou a poñerme a analizar tódolas fichaxes, tan só dúas que se produciron onte; unha exportación, Robinho do Madrid ao Manchester City; e unha importación, Luque do Ajax de Amsterdam ao Málaga.
Robinho.
Penso que un gran negocio para o Madrid vender a un futbolista tremendamente sobrevalorado e ademais parvo perdido (disque chorou e pregou por deus e pola virxe para que o deixaran marchar). Máis de corenta kilos ingresará o Madrid, por eso non entendo moi ben o mosqueo dos madridistas. Serva coma exemplo este comentario dun deles no Sport. Ía dicer que non puxen nin quitei nin unha coma, pero non fai falla, porque no comentario non hai nin unha puta coma, nin punto tampouco, á marxe dos evidentes fallos ortográficos. Me rearfirmo no que comentei noutro post: o sistema educativo español non funciona.
"robinho hijo de una guarra te sacamos de la puta fabela y nos lo agradeces asi pudrete es el puto equipo de mierda ese donde no te vas a comer ni un rosco y te vas a empapar hasta los cojones haciendo tus putas bicicletas bajo la lluvia mientras los hooligans borrachos te escupen lo malo que eres cabronazo calderon eres un esperpento que vas a hacer con los 40 kilos del puto cabron ese ponerle las tetas a la puta de tu mujer o hacerte un chalet en marbella te as reido de todo el madridismo esto jamas te lo perdonaremos"
Albert Luque.
O catalán volve ao Málaga, equipo onde xa xogara hai anos. Este tío cada vez que chega a un equipo sempre di o mesmo. Cando fichou polo Depor procedente do Mallorca dixo que chegaba á Coruña a un grande e para gañar títulos. Cando soaba unha suposta interese do Atlético pois que era un gran clube, que tiña unha gran afección e que a todo o mundo lle prestaría xogar alí. Cando o Barça preguntou por el pois que sempre foi culé, que xogou na súa canteira e que sería un soño voltar ao Camp Nou. Finalmente fichou polo Newcastle e claro, o fútbol inglés é a rehostia, o Newcastle ten unha afección e un campo extraordinarios e bla, bla, bla. No Ajax, tres cuartos do mesmo, grande de Europa e demais brasa. Agora chega ao Málaga e di que "Si salía del Ajax era para jugar en España, y les dije que Málaga o ninguna (opción), y al final lo que queríamos se ha conseguido". Non cho cres nin ti, porque se se presenta outro equipo que che poña máis pasta, aínda que sexa de Pakistan, te vas para alí á pata coxa se é preciso.
Na foto sae rodeado do seu pai (abaixo á esquerda) e dun público enfervorizado, unha señora cun orixinal atuendo (esquerda) que viña do Carrefour e viu ás portas de La Rosaleda abertas e entrou a ver se daban algo, e tres rapaces que se saltaron a pasantía para ver se pillaban un balón polo morro, como é habitual neste tipo de actos.
chúzame - Arquivado en Actualidade |





setembro 2nd, 2008 ás 9:31 pm
Desde hoy me declaro admirador de Robinho. Un tío que deja tirado al Madrid tiene todos mis respetos.
Estás enlazado, un saludo.
setembro 2nd, 2008 ás 11:03 pm
Discrepo Roberto. Este tipo de jugadores son escoria, solo miran la cartera y les importa un bledo el club que les paga y sus aficionados. Hoy le tocó al Madrid y mañana le puede tocar al City. De hecho, me apuesto lo que sea a que este tío dentro de un año o dos ya está presionando para largarse a otro club.
Por cierto, ¿tú no serás el Roberto de “A contrapié”, que se fue a comprar tabaco y no regresó?
setembro 3rd, 2008 ás 12:12 am
El mismo que viste y calza, sólo que ahora escribo sobre mi equipo del alma. Para bien o para mal (sobretodo para mal), siempre hay algo que escribir sobre el Valencia. Así es mucho más fácil. Veremos cuánto dura la cosa…
setembro 3rd, 2008 ás 12:45 am
Definitivo: Luque dice lo mismo cuando llega a un equipo nuevo porque tiene un transtorno mental desde la infancia. Su padre nunca le quiso y ni siquiera le hace caso en las presentaciones. Mirad como agacha la cabeza en clara postura de “yo a este no lo conozco de nada”.
Saludos.
Saque de Esquina
setembro 3rd, 2008 ás 8:50 pm
No peche do mercado de fichaxes houbo moitas sorpresas. O máis chamativo para min foi a venda de Robinho ao Manchester City.
¿Interésate un intercambio de links? S te interesa responde no meu blog. O meu blog é: http://marcador-deportivo.blogspot.com/
Un saúdo.
setembro 4th, 2008 ás 10:36 am
A min Robinho gustábame, pero me decepcionan enormemente estes fubolistas que hipotecan unha careira brillante pola pasta. Exemplo: Luque. Luque é parvo e se merece todo o mal que lle foi. O que tivo ue aturar Piruleta no Dépor con ese pavo. Falando de pasta: Rivaldo en Uzbekistán. Que tío…
setembro 9th, 2008 ás 1:06 pm
Robinho = Luque e seu pai (o de Luque) peor que a nai da Pantoja. No meu equipo xogadores que tamén sean persoas, paso de figuras que te van a meter a puñalada a menor posibilidade.