Precaución, amigo conductor

4 de setembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

É unha cousa bastante sinxela de entender, pero aínda así sempre hai alguén que non o pilla, por iso aconséllovos que si ides de vacacións ou vos desprazades no voso carro e este leva como adorno unha bufanda ou bandeirín do teu equipo... retiradelos, porque nunca se sabe con quen te vas topar, por exemplo, se es do Sporting de Braga e te desprazas a Guimaraes.

Iso se tes só algún pequeno distintivo do teu clube no carro, pero se o levas totalmente tuneado con algo máis que coas cores do teu equipo, por dentro e por fóra, iso siñifica que es masoca, tes un grave retraso emocional e estás desexando que no menor dos casos convertan o teu carro en chatarra. Neste caso xa podes pregar a deus para que non sufra ningún tipo de danos. Por certo, que o pasado domingo volvín a ver esta furgalla e fixo uns pequenos trocos na decoración, pois o socio de honor Tamudo foi substituido por un vinilo do paseniño do Barça ao Madrid a finais da tempada pasada, aparte de engadir varios detalles roxigualdos relativos á pasada Eurocopa gañada por España.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xentes da grada |

5 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Esto es como lo de las matrículas. Con lo bonito que era ver un coche de Barcelona en Madrid ardiendo por una simple B en la chapita, o viceversa. Las matrículas europeas se lo han cargado todo. Lástima.

    Saludos.
    Saque de Esquina

  2. Pableras Escribiu:

    Simplemente espectacular o enlace!! Non o vira ata hoxe pero é un documento gráfico espeluznante. Se o coche estaba así, non quero nin pensar cómo sería o paisano que a conducía!

    Cómo andan as cabeciñas…mi madriña!

  3. otraveseiro Escribiu:

    Cho digo eu, gordo e pequeniño por fóra, e por dentro, sen necesidade de facerlle un TAC, podo asegurar que é unineuronal. O domingo levaba unha camisola do Madrid da tempada pasada e na parte de atrás, sen dorsal, levaba escrito a palabra “blanca” (?)

  4. Djukica Escribiu:

    Traveseiro… o coche non sería da túa propiedade??

    Eu coido que puxeches a foto do teu coche para fardar de buga e o de Viva Guimaraes está feito con fotochóp.

    MMmmmmmmmmm… :p

  5. O Traveseiro Escribiu:

    Djukica, sabes de sobra que namentres na Coruña se poida chegar a pé a calquera sitio en vinte minutos, e namentres teña a tarxeta fraudulenta do bus urbán de vintecinco céntimos viaxe… non penso ter coche, e aínda menos un bicho deses.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo