Volta á escola
11 de setembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Para os que teñan pensado ir de compras mellor que o deixen para outro día, porque hoxe comeza oficialmente o curso académico e como é costume na tarde do primeiro día de colexio, os centros comerciais estarán infestados de cativos coas súas respectivas nais e avoas mercando o material escolar. Os corticoles por alí, os uniformes por acolá, o lapis do número dous, o caderno de dobre pauta coa marxe á esquerda, os rotus Carioca, os Plastidecor, os forros dos libros de texto... Unha actividade nada recomendábel para todo aquel ou aquela que padeza de ansiedade ou estrés.
E ao igual que comeza o curso académico tamén as actividades extraescolares (todo sexa para manter aos fillos fóra da casa) e entre elas, a máis popular e á que se apunta todo cristo, con permiso do judo: o fútbol. Estas clases de iniciación ao deporte rei resultan moito máis interesantes e didácticas que a polémica Educación para a Cidadanía, e por suposto, que Relixión Católica.
chúzame - Arquivado en Actualidade |




setembro 12th, 2008 ás 7:28 am
A mi lo que me gustaría es saber de donde sacas las imágenes…
setembro 12th, 2008 ás 1:11 pm
últimamente este blogue vai de cú…
(píllalo?)