Invasión de campo
26 de setembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Desta vez non me estou a referir á clásica invasión de campo levada a cabo por afeccionados ao final do derradeiro partido da tempada, que pasa en practicamente en tódolos campos menos no do Betis, onde aparte de na derradeira xornada, tamén o fan nalgún que outro domingo e festas de gardar. Do que falo é da invasión do campo de Cepelo (na parroquia de Logrosa, pertencente á localidade coruñesa de Negreira), por parte duns desalmados e perigosos carballos. Estas árbores forman parte dunha carballeira centenaria que se atopa no pazo de Albariña, que limita co campo de fútbol.
Segundo o Concello, as follas e landras que caen das polas dos carballos no céspede o danan considerablemente, xa que é de herba artificial. Por este motivo o alcalde se presta "a solicitar destes veciños, como se pode facer con calqueira, que corten as ramas que saen do seu valado e invaden o espacio do terreo de xogo público". O normal nestes casos é que esta laboura sexa encomendada a marulos que non teñan nin puta idea de podar árbores e que éstas acaben morrendo, así que eu me pregunto... ¿que problema hai que nun terreo de xogo dun povo haxa follas e froitos das árbores? ¿Teñen medo os futbolistas a que unha bellota ou folla lles caia na cachola e lles produza unha fractura craneoencefálica? ¿É o céspede artificial a alfombra da casa do puto alcalde, para que haxa que mantelo limpo e empatenao? ¿Por qué no país da choiva, onde os campos de fútbol se regan sós, se fan de herba artificial, coma se estivesemos en Murcia ou Canarias? ¿Estaba o campo de fútbol aí cando se prantaron os carballos hai uns centos de anos?
Dito esto... na primeira foto obsérvase a parte exterior, coas polas dos carballos invadindo o espazo aéreo do campo nicrariense (así se chaman os habitantes de Negreira, e non negreiros ou negratas). E xusto aquí enriba, foto capturada por min mesmo do Google Earth (grande invento), onde se aprecia na parte inferior esquerda como estas árbores asasinas están a piques de engulli-lo bandeirín de córner.
chúzame - Arquivado en Actualidade |




