Varios moi variados (2)

30 de outubro do 2008 perpetrado por otraveseiro

1. Sergio Ramos, eutanásiate.

Giannis Koskiniatis, futbolista grego do Diagoras de Rodas, da terceira división, se suicidou cando soubo que non era convocado polo seu equipo para se enfrontar na Copa a un dos grandes da liga grega, o Olympiacos. ¿Por qué aquí non hai xente así? ¿Por que un xogador grego colle unha perrencha e se suicida e aquí se van a chorar á prensa? ¿Por qué Sergio Ramos non se suicidou ao non ser convocado contra un dos grandes da Segunda B, o Real Unión de Irún?

2. Coma sardiñas en aceite vexetal.

Disque o Racing de Santander se quere apuntar a esa moda de muda-los nomes tradicionais dos estadios polos dos patrocinadores. No caso dos cántabros penso que non fai falla que se vaian aos Emiratos Árabes ou a Qatar para buscar un patrocinador. En vista de que aos afeccionados visitantes os meten nun pequeno recuncho enlatados como a sardiñas, propoño que o nome do estadio leve o nome dunha conserveira cántabra, así tampouco botarían de menos o tradicional nome de El Sardinero.

3. Maradona até na sopa.

Hoxe tódolos medios deportivos tocan o tema: Maradona adestrará á selección arxentina. Isto serviu para que se Diego está todo o día metido nos medios, hoxe iso se multiplicou por seis millóns polo menos. A captura de enriba (do Sport) é un bo exemplo, cinco ligazóns consecutivas co nome do ínclito, aparte do encabezamento da nova (por abaixo o curtei pero seguen a da-la chapa). Por pouco o meten tamén na publicidade da conta laranxa: "Cuenta Naranja 6% T.A.E. con su depósito una camiseta firmada por Maradona y durante los 5 primeros meses de embarazo de Giannina podrá llamarlo para sugerirle nombres para su nieto".

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 1 Grandísima aportación »

Branco humano

28 de outubro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Os rapaces de Línea de Cal se encargan de lembrarme que non debería poñer no blogue a tanto mamón con camisolas do Depor porque nos deixan quedar en mal lugar. E pode que sexa certo, pero non por iso hai que obvialos, todo o contrario. Ademais, os que puxen até o de agora, Rajoy, Silvia Fominaya e o propio Fraga, non son deportivistas, só pousan coa camisola para quedar ben. Se cadra máis adiante publicarei coas cores branquiazuis outros mellores (Nancho Novo ou Paula Vázquez) ou peores (Juancar ou Rainiero). Dito isto, deixamos o fútbol para facer unha breve incursión nas actividades cinexéticas.

A bestia parda, fotografiada coas súas pezas

Non hai nin dúas semanas que comezou a tempada de caza e xa cobramos a primeira vítima. No municipio coruñés de Mazaricos, un cazador maniaco depresivo lle pegou catro tiros polas costas ao seu cuñado, que morreu no acto. Os amigos de Mitrofan o celebramos, pero a nosa ledicia non é total, porque como di a canción popular "Tódolos galegos temos un desexo, que é matar a Fraga nun tiroteo, un tiro para diante, un tiro para atrás, un tiro para un lado e volta a empezar" e iso parece ser que non vai a acontecer porque o noso heroe xa non sae de caza, e cando o facía non levaba con el un cuñado, ao que poderiamos chamar Charles Bronson, disposto a facer xustiza.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Odioteca | 2 Grandísimas aportacións »

Enquisa futboleira na rúa

26 de outubro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Eu se cadra non son o máis indicado para criticar a esta xente, porque cando vexo que se me achega unha reporteira micrófono en man cun cámara detrás rapidamente saio escopeteado. Ven de lonxe, cando en certa ocasión me fixeran unha pregunta para a Televisión Española en Galicia sobor algo de actualidade futboleira, e, polo visto, non me lembro ben como foi a cousa, medio louvei ao Celta de Vigo, ante o escarnio xeral de amigos e coñecidos unha vez que me viron na tele dicindo barrabasadas.

Bueno, ese foi o lado chungo da cousa, pero tamén hai a parte boa. Anteriormente había un programa na mesma canle que tiña unha sección na que lle preguntaban á xente pola rúa se sabía o significado dunha determinada palabra en galego, normalmente bastante rebuscada. Logo poñían no programa os vídeos das respostas da xente e só ao final poñían as acertadas, que eran loxicamente as menos. O caso é que non sei coma estaba eu na parada do bus e me asalta un dos conductores do programa, Marisol Manfurada, co micro na man namentres lle di ao cámara que "Imos a este, que ten pinta de ter estudios" (verídico), e eu pensando para min que "novo ridículo". Houbo sorte, porque a pregunta estaba chupada, ¿Qué é LECER? Pois o tempo de tocarse o carallo ou a cona piltrado ou piltrada no sofá, sen facer nada con total tranquilidade e sosego. Proba superada.

Pero eso eran outros tempos, agora estou afastado totalmente do mundo televisivo, paso de todo, me fago o avión ou finxo ter presa ou que me están a chamar polo móbil, calquera cousa con tal de non saír na tele. Pero hai unha cousa que teño clara no caso de que me pillen por banda: primeiro lle pregunto eu á reporteira de que vai a enquisa, e se é dun tema que controlo pois lle digo que me dea uns segundos para pensar o que respostar sen meter a gamba. Se polo contrario é un tema que non só non domino, senón que non teño nin paxoleira idea, pois lle digo que se afaste do meu camiño que eu non vou dicer nada, e se insiste lle digo como Maradona: "¿Vos que queres, que te rompa la cámara?" O que nunca farei será poñerme a soltar paridas sen ter puta idea do tema, como fai a maioría da xente, sobretodo en enquisas de fútbol, porque como di o refraneiro popular "De fútbol y medicina todo el mundo opina". Serva coma exemplo a vez que preguntaban na rúa para un programa de Localia Coruña a quen elixiría vostede como capitán do Deportivo para a tempada (había debate sobor se debería ser Tristán, Manuel Pablo ou Scaloni) e unha señora vai e di toda chea de razón que MORIENTES.

Ben, pois en La Opinión de A Coruña penduran tódolos días da web un vídeo curto coas respostas da xente a unha enquisa previa pola Coruña acerca dun tema de actualidade. Hoxe a pregunta que publican é "¿Que o Depor xogue a Copa e a UEFA pode pasarlle factura na Liga?" As respostas normais dun afeccionado ao fútbol en xeral e ao Depor en especial podería ser que "Si, a plantiña é curta e non se pode estar a todo, xogando entre semana implica un sobresforzo e que os equipos rivais que non xogan en Europa e que xa quedaron eliminados da Copa xoguen o domingo con ventaxa ao non estar cansos e ter máis tempo para prepara-lo partido". Ou "Non, hai unha plantiña amplia e compensada que pode afrontar tranquilamente tres competicións sen necesidade de pasar apuros na Liga". Sen embargo, estas son as contestacións dos catro viandantes que publican hoxe, onde un deles responde sen entender a pregunta, outros dous son parcos en palabras e o cuarto en discordia non segue a actualidade e opina igual:

1. O parco en palabras: "Sin duda, sin duda..."

2. O que responde que si pero pensa que non: "Creo que si. Si, si, es bueno, no va a subir el nivel y aparte hay buenos jugadores". Este é coma aqueles que non saben distinguir entre sobrio e ebrio, e lles preguntan que lle parece que haxa xente que conduza estando sobrio, e responden que "Ah, pois moi mal, moi mal, deberían metelos no cárcere ou quitarlles o carnet de por vida". Porque para respostar desa maneira á cuestión de se pode pasarlle factura na Liga tería que dicer que NON. Salientar que este (o da imaxe) ten un sotaque mestura de italiano con Santi Segurola.

3. A parca en palabras: "La liga, la liga..." Unha rapaza que pensa que o Depor se ten que centrar na Liga pero que dito así non se sabe se fala da competición ligueira ou de ligar.

4. O que parece que controla e a caga ao final: "Seguro. Yo creo que si, lo va a pagar y al final estará jugando por el descenso como el año pasado y la UEFA no creo que pase de la previa". Cen por cen pesimista se é do Depor e a mesma porcentaxe de optimista se non o é. Unha opinión interesante se non fora porque descoñece que o Depor xa pasou a previa, unha eliminatoria, e xa está xogando a fase de grupos.

Para ve-lo video, premer aquí.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X | 3 Grandísimas aportacións »

¿Benvidos a onde?

24 de outubro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Ten toda a pinta que eses holandeses do Twente non se enteran, e que en realidade quixeron poñer "Bienvenidos al infierno". Ou cecais non, ao mellor a idea era escreber "Bienvenidos al ínfero". Ínfero: Dícese do tipo de ovario das fanerógamas que se desenrola por debaixo do cáliz coma no membrillo e noutras rosáceas.

Postos a practica-la burrería, estaría ben que os do Rácing de Santander lles responderan con outra faixa na que podería rezar: "Puto TENTE, forza LEGO".

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xentes da grada | 2 Grandísimas aportacións »

Lendoiro, asturiano

23 de outubro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Frase dita por Lendoiro o pasado domingo en Santander tralo Racing-Deportivo. Unha cousa é que che guste Asturies ou ser afeccionado aos chupiños de Anís De la Asturiana "su presencia siempre agrada", e outra distinta ter envexa do Sporting e pretender que ao Depor lle patrocine ASTURIAS. Un pouco de sentidiño, señor Lendoiro.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Defecacións verbais | 2 Grandísimas aportacións »

Salinas, primeiro título da tempada

21 de outubro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Julio Salinas, o máis pequeno desa familia de artistas, saiu gañador da quinta semana do programa ¡Mira Quien Baila!, que este ano celebra a sétima edición. Foi cun pasodoble (momento que recolle a fotografía) que bailou moi relaxado ao non ter rival por culpa da baixa por lesión de Ana García Obregón.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X | 2 Grandísimas aportacións »

Campaña de axuda ao Dortmund

18 de outubro do 2008 perpetrado por otraveseiro

En tódolos lados se cocen fabas, e a crise xa non só afecta aos clubes españois, tamén aos alemáns. Pero namentres aquí os dirixentes, algúns profesionais, en vez poñerse a buscar pasta por debaixo das pedras, van ao fácil, mendigando cartos das institucións públicas... os alemáns se comen o coco para recadar cartos. Poñamos coma exemplo ao Borussia de Dortmund.

Formación do Dortmund campión da Bundesliga en 1952

O equipo alemán debe ter un convenio coa Igrexa Católica, porque tódolos anos por estas datas milleiros de nenos e nenas percorren as rúas do país cunha hucha na man pedindo cartos. Se metes algunha moeda eles te recompensan cun cutre pin co escudo do clube. E digo cutre porque a insignia é de papel a modo autocolante, que por certo é cadradiño e se parece moi pouco ao escudo oficial do Dortmund que adorna bandeiras, bufandas, gorriños e demais merchandising futboleiro e funebreiro. E este método de financiación non lles vai nada mal. Por exemplo, disque só en Ourense recadaron case medio millón de euros o ano pasado, que é un bo pico.

Os cabróns ademais xogan co roio de usar xente noviña para pedir, dese xeito é máis difícil negarlles os cartos. Eu aínda así mantéñome firme nas miñas conviccións, e cando me veñen estes rapaces coa hucha e lles pregunto "¿Iso para que é?" "Para o Dortmund", me responden. Rapidamente lles digo que nanai, que nin de coña, vamos, que eu só poño cartos para un clube de fútbol, o Deportivo, ningún outro, e moito menos para o Borussia, que lle teño tirria dende os tempos que nos eliminaron inxustamente da UEFA, alá polo 1995. Outra cousa sería que non me viñesen a pedir que metera cartos para financiar un clube, senón unha selección de fútbol, coma por exemplo, na hucha da selección portuguesa. Aí pode que metera os cartos, e por que non, tamén a man.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Elas tamén xogan, Idas de olla | 2 Grandísimas aportacións »

Varios moi variados

16 de outubro do 2008 perpetrado por otraveseiro

1. Que te atrapo.

Ao veterano adestrador italiano Giovanni Trapattoni, o máis laureado de tódolos tempos a nivel clubes, parece que aínda lle queda corda para rato. Aí o temos, todo espírico, nun lance do partido que enfrontou onte á República de Irlanda, á que adestra na actualidade, con Chipre. Un tipo que cando era seleccionador de Italia responde ante a pregunta dun xornalista se pensaba convocar a Di Canio, que "Tan só se hai un brote de peste bubónica"... ten que ter a miña máis absoluta admiración.

2. Osasuna eta askatasuna.

Ou o que é o mesmo, saúde e liberdade. Está claro que todo o mundo é inocente namentres non se demostre o contrario, pero moito me dá que este tipo que hoxe se presentou a declarar vestido cun chándal do Osasuna pola desaparizón da súa excompañeira, ten toda a pinta de ser culpábel. Segundo pau (pola negativa publicidade) para o osasunismo despois da fichaxe de José Antonio Camacho como adestrador.

3. Palitos de merluzo.

David Beckham (non fai falla especificar quen é), almorzando esta mañá no estadio londinense de Wembley cunha morea de rapaces e rapazas. Con tanto tenedor e tanto neno solto resulta bastante lamentábel que a ningún se lle escapara un cuberto que se lle fora a cravar nun ollo a Becks. Ou á súa muller, que seguro que non andava moi lonxe.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 3 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo