¿Cal é a mellor liga do mundo?

11 de outubro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Este si que é un debate e non o do Gran Hermano (ese máis ben é un de-váter): ¿cal é a mellor competición ligueira do mundo? ¿a Primeira División española ou a Premiership inglesa? Para expoñe-las súas opinións pásense por La Doble Visera, onde se está a tocar esta interesante cuestión moi seriamente, e por capítulos. ¿A miña opinión ao respecto? Non sabería dicer cal é a mellor, pero si teño claro cal das dúas ten o nome máis bonito, ou, cando menos, menos perralleiro. Por suposto dentro do noxo que dá que unha competición deportiva leve un nome e anagrama dunha puta entidade bancaria. Non hai dúbida, a Barclays Premier League mola máis.

Ilustración xentileza de El Koko Parrilla.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla |

Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Muchas gracias por el pingback :)

    Buenisima la viñeta. Oye, si la crisis sigue palante…¿qué pasará con Barclays?

    Saludos.
    La Doble Visera

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo