Tendedeiro charrúa (II)
14 de outubro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Hai uns meses tiven a desvergoña de publicar aquí unha foto do tendal duns veciños dos patios interiores da miña casa. O motivo foi que me sorprendera bastante ver pendurada das cordas unha bufanda do Nacional de Montevideo en plena resaca eurocopeira. Non parecía moi ético pero ao final aí quedou, e como o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra...
Daquela chegara á conclusión que os veciños eran uruguaios e afeccionados ao Nacional, pero polo que semella, non todos na familia son do Nacional, tamén os hai do Peñarol. Ás probas me remito, porque hoxe tiñan pendurada o que parece ser unha toalla do equipo aurinegro magníficamente combinada cuns vaqueiros negros e unha camisola da banda de punk-rock The Offspring. Outras veces colgan de Attaque 77, Bersuit ou Siniestro Total, e hoxe lle tocou aos californianos. Para que non me dea a vea musical, ao que iamos: o que subscribe é un puto cotilla e non ten perdón de deus, pero non o puiden evitar. ¡É que mo poñen a ovo, oiga!
chúzame - Arquivado en Chámalle X |




outubro 17th, 2008 ás 11:54 am
A ver se lle envias esa foto de Peñarol a Munúa e fai xa mesmo as maletas e se pira dunha p… vez…
O da Bersuit recordoume ó noso compañeiro Juggalo…
Aguante la Bersuit!!
Pd: Esquecinme de por o meu nick no anterior comentario de “varios variados” e saio como Anónimo jajaj…
Deicalogo charrúas!!