Varios moi variados

16 de outubro do 2008 perpetrado por otraveseiro

1. Que te atrapo.

Ao veterano adestrador italiano Giovanni Trapattoni, o máis laureado de tódolos tempos a nivel clubes, parece que aínda lle queda corda para rato. Aí o temos, todo espírico, nun lance do partido que enfrontou onte á República de Irlanda, á que adestra na actualidade, con Chipre. Un tipo que cando era seleccionador de Italia responde ante a pregunta dun xornalista se pensaba convocar a Di Canio, que "Tan só se hai un brote de peste bubónica"... ten que ter a miña máis absoluta admiración.

2. Osasuna eta askatasuna.

Ou o que é o mesmo, saúde e liberdade. Está claro que todo o mundo é inocente namentres non se demostre o contrario, pero moito me dá que este tipo que hoxe se presentou a declarar vestido cun chándal do Osasuna pola desaparizón da súa excompañeira, ten toda a pinta de ser culpábel. Segundo pau (pola negativa publicidade) para o osasunismo despois da fichaxe de José Antonio Camacho como adestrador.

3. Palitos de merluzo.

David Beckham (non fai falla especificar quen é), almorzando esta mañá no estadio londinense de Wembley cunha morea de rapaces e rapazas. Con tanto tenedor e tanto neno solto resulta bastante lamentábel que a ningún se lle escapara un cuberto que se lle fora a cravar nun ollo a Becks. Ou á súa muller, que seguro que non andava moi lonxe.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade |

3 Comentarios

  1. Pableras Escribiu:

    Terrible imaxe a de Beckham. Agora recordo por qué mercara hai anos unha chapa que poñía “ODIO A DAVID BECKHAM” (habíaa nunha tenda da Coruña que se chama Nicetrip, por se queres unha para ti…)

  2. Anónimo Escribiu:

    Joder pois eu de cando en cando comía palitos de merluza coma eses da foto, pero coido que de ahora en adiante vanme dar alerxia…

    A foto do tipo co chandal de Osasuna, vaia publicidade para o club, ainda que custoume fixar no chandal porque quedeime pillao co careto de julai que ten o individuo en cuestión…

    Peniña de país…

  3. Miguel Escribiu:

    Por fin atopamos o verdadeiro límite da carreira de Beckham: nada de modelo de Calvin Klein, ao que aspira é a ser o novo Capitán PEscanova.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo