Campaña de axuda ao Dortmund

18 de outubro do 2008 perpetrado por otraveseiro

En tódolos lados se cocen fabas, e a crise xa non só afecta aos clubes españois, tamén aos alemáns. Pero namentres aquí os dirixentes, algúns profesionais, en vez poñerse a buscar pasta por debaixo das pedras, van ao fácil, mendigando cartos das institucións públicas... os alemáns se comen o coco para recadar cartos. Poñamos coma exemplo ao Borussia de Dortmund.

Formación do Dortmund campión da Bundesliga en 1952

O equipo alemán debe ter un convenio coa Igrexa Católica, porque tódolos anos por estas datas milleiros de nenos e nenas percorren as rúas do país cunha hucha na man pedindo cartos. Se metes algunha moeda eles te recompensan cun cutre pin co escudo do clube. E digo cutre porque a insignia é de papel a modo autocolante, que por certo é cadradiño e se parece moi pouco ao escudo oficial do Dortmund que adorna bandeiras, bufandas, gorriños e demais merchandising futboleiro e funebreiro. E este método de financiación non lles vai nada mal. Por exemplo, disque só en Ourense recadaron case medio millón de euros o ano pasado, que é un bo pico.

Os cabróns ademais xogan co roio de usar xente noviña para pedir, dese xeito é máis difícil negarlles os cartos. Eu aínda así mantéñome firme nas miñas conviccións, e cando me veñen estes rapaces coa hucha e lles pregunto "¿Iso para que é?" "Para o Dortmund", me responden. Rapidamente lles digo que nanai, que nin de coña, vamos, que eu só poño cartos para un clube de fútbol, o Deportivo, ningún outro, e moito menos para o Borussia, que lle teño tirria dende os tempos que nos eliminaron inxustamente da UEFA, alá polo 1995. Outra cousa sería que non me viñesen a pedir que metera cartos para financiar un clube, senón unha selección de fútbol, coma por exemplo, na hucha da selección portuguesa. Aí pode que metera os cartos, e por que non, tamén a man.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Elas tamén xogan, Idas de olla |

2 Comentarios

  1. breogain Escribiu:

    menuda dianteira a de Portugal, fáiseme raro que non chegaran máis lonxe na Eurocopa :)

    un saúdo travesseiro

  2. Los nombres rencorosos de la UEFA deportivista | El Contragolpe Escribiu:

    [...] jugador alemán. Por lo menos, el Borussia (aunque ahora esté pasando por dificultades y recurra a extravagantes campañas para recaudar fondos) sería poco después campeón de la Copa de [...]

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo