Os outros Guardados
5 de novembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Dirty é un comentarista ocasional deste blog que encaixa perfectamente coa filosofía do mesmo porque ten a mente como o seu alcume. O outro día deixou un comentario no que mesturaba ao futbolista mexicano do Depor, Andrés Guardado, con reality-shows e Palomares. O primeiro pensamento que me veu á cabeza foi El Diario de Patricia e Fraga bañándose en augas radiactivas. Mais onte á noite, zapeando, de casualidade din coa solución: Dirty referíase a Javi Palomares, un concursante do Gran Hermano que ten bastante parecido co mexicano.
O tipo ten vintetrés anos, é natural de Cidade Real, está solteiro e canta para unha orquestra polifónica. Polo demais, din que é homosexual e se descoñece se ten algunha predilección especial por algún equipo de fútbol. Para comprobalo e poñer algo aquí tería que paparme GH para documentarme, cousa que non vou facer nin farto de güisqui.
No seu lugar, porei a outra pinga de auga de Andrés Guardado, que ademais tamén é futbolista internacional. Se chama Tania Paola Morales Bazarte, e en México é coñecida como La Guardado. Ten a mesma idade que o deportivista, xoga na mesma posición e o seu parecido físico é máis que evidente. Logo está o roio sexista, ¿por que á xogadora lle chaman La Guardado e non ao revés? ¿Por que a el non o coñecen por El Morales?
chúzame - Arquivado en Cuspidinhos |




novembro 5th, 2008 ás 11:48 pm
Artigo moi curioso, por non variar. O outro día referenciáchesme cando puxen a foto de Fraga no meu blog, cousa que che agradezo. Que sepas que son galego, de Caldas de Reis.
Saúde
novembro 6th, 2008 ás 12:04 am
Parafraseando a Xosé Ramón Gayoso… ¡un saúdo agarimoso para Caldas de Reis!
novembro 6th, 2008 ás 11:55 am
Soberbio parecido!
novembro 7th, 2008 ás 2:54 pm
:-D…¡¡podía confiar na tua intelixencia!!!
novembro 7th, 2008 ás 7:03 pm
El Morales o la Tania del Jalisco =)