O Díaz de Cerio dos anos 60
10 de novembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O 12 de Maio de 1963 se enfrontaban na liga sueca o AIK Solna e o Göteborg. O porteiro local, Arne Lundqvist, salva miragrosamente a salvaxe embestida do dianteiro branquiazul Dick Andersson, que a piques está de romperlle a sien co xeonllo dereito, e co outro pé puido pisarlle unha man, e daquela os porteiros non levaban luvas. Por sorte, Andersson se decata e agocha o pé baixo a perna do cancerbeiro, levándose a peor parte. Un Andersson ao que lle atopo certo parecido co dianteiro do Málaga cedido polo Depor, Adrián López, "O Ronaldo de Teverga".
Aparte de Diaz de Cerio quedaría por poñer o Juanma Lillo dos anos 60, pero hai corenta anos non había adestradores pedantes nin botellas de Cocacola en plástico de medio litro para poderllas tirar á cabeza.
chúzame - Arquivado en Actualidade, Mundo viejuno-celebrities |




novembro 10th, 2008 ás 6:36 pm
Buf!! ..que medo. Nestes casos sempre lembro a mala sorte daquela xogada de Baltazar
novembro 10th, 2008 ás 8:34 pm
Certo, Dirty. Gallardo, coido que se chamaba o porteiro do Málaga falecido por esa xogada.
novembro 10th, 2008 ás 11:04 pm
amo o traveseiro, lo juro!
novembro 11th, 2008 ás 12:01 am
Capi, espero que estés enconachado con el blog y no con el administrador que se esconde en ese nick.
novembro 11th, 2008 ás 12:53 am
Eu tamén estou enconachado. Non hai post que non me pareza fenómeno.
O bo que teñen os blogs é que inda que só te conozo fai uns meses podo revisar anteriores entradas.
Saúde!
novembro 11th, 2008 ás 1:41 am
con el blog, con el blog!