Os panolis de Panini
11 de novembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Estiven a botar un repaso ao álbum de cromos de fútbol da tempada 08-09 da miña sobriña e quedei estupefacto. Son bastantes os fallos que acho no mesmo, coma por exemplo que haxa máis cromos por equipo que espazos para que se poidan pegar. Isto o solucionan poñendo nun espazo baleiro "Pon al que prefieras", e te veñen dous nomes, por exemplo (non é o caso) Messi ou Eto’o. Así, se tes os dous cromos, pegas no espazo correspondente o que máis che preste, e o outro, como non hai sitio para el, o pegas na neveira, na túa fronte, ou cho comes con patacas, pero esquécete de poñe-lo no álbum porque non ten un sitio asignado.
De feito, isto acontece na casiña do noso protagonista: "Pon al que prefieras. Awat o Fabricio". Como é lóxico, a cativa está agardando a obte-lo cromo de Fabricio. Unha auténtica chapuza, entre outras moitas, pero que poden ter un pase. Non así o cromo escaneado, que non hai por onde collelo e é un atentado contra a intelixencia humana, e en especial, dos coleccionistas futboleiros.
Os de Panini, ou Colecciones Este... de que vai? en lugar de poñer o nome correcto do porteiro israelí Dudu AOUATE, poñen AWAT, e fican tan anchos. ¿Cales son os motivos que levaron a estes fenómenos da natureza a meter un gambazo de tal calibre? As miñas cinco teorías ao respecto:
1. O editor é un rapaz de 16 anos que repetiu párvulos, e só sabe escribir en linguaxe abreviada porque se pasa todo o puto día mandando mensaxiñas co móbil.
2. O editor é adulto pero se pasa o día esnifando a cola dos cromos.
3. Na imprenta son antisemitas, e poñen mal para foder.
4. Aouate perdeu o nome da hostia que lle meteu Munúa, e cando foi a recollelo do chan a O, a U e a E estaban escachadas e tiveron que botar man da W.
5. O encargado de escribilo preguntou como se poñía e lle dixeron que "Tal como suena".
- Eran outros tempos, a día de hoxe porían Encono
Finalmente, as cinco dúbidas que me asaltan:
1. ¿Como escribirían o nome do seu representante, Gustavo Crmko, se tivera cromo?
2. ¿Canto me poderían dar por el se o subasto?
3. ¿Terían que pechar Panini ou facer un E.R.E. se ese fallo o teñen con outro xogador con máis nome, por exemplo Bollan Criquis (Bojan Krkic)?
4. ¿Cometerán os mesmos erros os de Panini con outras coleccións que non sexan de fútbol, coma por exemplo no "interesante" álbum Barbie Dulces Momentos, publicando un cromo de Barbie botando un polvo con Kent?
5. ¿Debería respostar á enquisa da súa páxina web onde preguntan Cómo te has enterado de que existe la página Web Panini e dicirlles que se non meteran cafradas nos cromos endexamais os visitaría?
chúzame - Arquivado en Estás sen nome |





novembro 11th, 2008 ás 11:28 pm
1. Gustavo Quremco?
2. Frikis hay muchos, colgados más. Tú intentalo, que alguien cae.
3. Sí
4. Tiene toda la pinta.
5. Por supuesto.
novembro 12th, 2008 ás 12:25 am
Cuando regalaron el Album con el Marca en Septiembre me fijé en ese detalle: por equipo hay 12 o 13 jugadores, y te dan a elegir. Álbumes eran los de antes!
(O Traveseiro, cada día te superas, eres un fenómeno)
novembro 13th, 2008 ás 5:56 pm
Coido que a culpa o ten a lenguaxe isa dos SMS