Falando de cromos chapuceiros…

12 de novembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Capitán (tan) Argento o comenta na anterior entrada: albumes eran os de antes. Iso mesmo pensaba eu, pero lamentablemente lle teño que quitar a razón tras botarlle unha visual a un álbum de cromos case completo da tempada 73-74 que teño na casa e que non sei exactamente a quen pertencía, se a un irmán, curmán, veciño... a min non dende logo. As pastas e follas non se atopan en moi bo estado, pero por sorte os cromos si. Sonche de cartón, non adhesivos, e só se pegaban pola parte de arriba, para poder erguelas e ve-los datos do xogador, que se agochaban embaixo. O álbum como digo ten bastante chicha, así que botarei man del cando non teña temas ou inspiración para publicar no blogue. Hoxe lle toca a quenda a este, mañá xa veremos.

Pois velaí está. Se trata dun tal González, do CD Castellón. Na foto de corpo enteiro aparece dando toques a un balón no que semella ser o Bernabeu. Todo apunta a que o tipo pertencía ao Madrid, e na foto saía loxicamente vestido de branco. Os editores dos cromos, a falta de photoshop, optan por coller un rotulador Carioca e pintarlle unhas bandas de cor negro á camisola e tamén ao dobradiño das medias. Queda bastante chapuza, mais pode colar perfectamente. Onde xa a cagan é na foto da faciana do xogador. Non tiñan unha de fronte e poñen un primeiro plano da que está de corpo enteiro, de perfil, como se fose a recibir unha colleja. E o mellor de todo é que tamén lle debuxan as raias negras da camisola con tan pouco tino que lle pintan até o pescozo, como se aprecia perfectamente.

Do futbolista en si nada sabemos, aparte do seu parecido con Alfredo Landa. A información que ben embaixo da postaliña non a podo escanear porque senón tería que arrinca-lo cromo, e paso, vos teredes que fiar de min. Así coma doutros futbolistas pon o equipo do cal procede, peso ou altura, neste é bastante escueto, pero algo é algo. Exactamente pon: "Antonio González González. Defensa-Delantero. Nació en Madrid el 13 de Abril de 1947". Mola o de Defensa-Delantero, porque aparece no medio da folla, nin cos defensas, nin cos dianteiros, entre Pinto y Valdemoro. Sería o futbolista total da época, o que tiraba do carro do Castellón, o Raúl de Castalia.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |

6 Comentarios

  1. Pableras Escribiu:

    Poucas chapuzas tan grandes vin como esta! Pero para photoshop cutre o poster oficial da plantilla do Depor da 96/97, onde Coco Martins aparecía cunha cabeza desproporcionadamente grande, cun sorriso espectacular e iluminado por unha luz radiante que para nada se correspondía có ceo gris que se podía ver na foto.
    Con respecto ó de “defensa-dianteiro” debe ser que o fulano era, como diría Valdano, un todocampista. Vamos, un Ballack, un Effemberg, un Gerrard, un Roy Keane, un Antonio Tomás…jejeje!

  2. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    OH DIOS MIO! Muchísimo peor que el montaje del cromo de Atila Kasas! Por Dios! Qué ruines!

  3. W. Sobchak Escribiu:

    XD
    acabo de escachar coa risa!
    que conste que Alexanco tamén era defensa-dianterio

  4. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    Por cierto el montaje es digno de los primeros trabajitos del díscolo Pableras, que algún día verán luz!

  5. Estoja Escribiu:

    Que bo!!! A verdade e que na foto de corpo enteiro aínda pode aceptarse pero é increíble a foto da faciana. Bo descubrimento.
    No caso de Awat, teño que recoñecer que xa o vira escrito así nalgún outro sitio, non recordo donde.

  6. Animalinho Escribiu:

    jajajajajaja
    Grandísimo!! Nin sequera se molestaron en que as raias da foto grande e a pequena se parecesen un pouco. E o de Alfredo Landa, tal cual, foi o primeiro que pensei.
    Felicidades polo blog, todos os posts son moi divertidos e orixinais, e non é nada fácil. Hai moitos blogs sobre fútbol, pero este é o meu favorito sen dúbida. E en galego!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo